Conciliación

«A conciliación xera maior produtividade e mellor optimización do tempo» Así, explícase que «canto maior é a conciliación entre o traballo e a vida familiar maior é a responsabilidade e tranquilidade do traballador á hora de acometer as súas obrigacións. Con maiores niveis de conciliación, maior implicación do traballador no proxecto empresarial. A conciliación entre traballo e vida familiar xera mellores relacións laborais, unha maior produtividade e unha maior optimización do tempo.

«A conciliación é un poderoso estímulo para os traballadores»
Estes son algunhas das vantaxes que ten o poder favorecer a conciliación que tanto as empresas como as administracións locais deben de ter en conta e poder facilitalo.

Unha das principais preocupacións á hora de establecer canles de conciliación é o coidado dos fillos e fillas, sendo aquí onde Servicios Integrales de Formación, centra a súa intervención. Aínda así non se debe esquecer a necesidade de prestar/implementar servizos de apoio e/ou respiro familiar noutros casos de dependencia que así o requiran.

A conciliación familiar na infancia debe responder aos seguintes principios básicos:

  • Que os pais e nais poidan acceder ao mercado de traballo e permanecer nel sen que a súa situación familiar sexa un elemento que afecte negativamente as posibilidades de acceso ao emprego ou ao acceso a postos de responsabilidade.
  • Que os fillos e fillas poidan ser coidados/as e educados/ as polos seus proxenitores.

É dicir, a conciliación persoal, familiar e laboral, debe facilitar que calquera persoa traballadora poida manter ao mesmo tempo unha carreira profesional plena á vez que exerce o seu dereito ao coidado da súa familia, o desenvolvemento da súa personalidade, a súa formación ou o goce do seu lecer e tempo libre.

Proposta de actividades e servizos.

As diferentes propostas deseñadas parten do denominador común de que os nenos e as nenas teñan a oportunidade de divertirse, de experimentar experiencias de vida cooperativa e de relación; unha oportunidade de realizar actividades auténticas, de aventuras, e chea de valores educativos, que as fan sólidamente construtivas.

Na liña do anteriormente exposto, unha das prioridades de SIF, baséase na necesidade de proporcionar lugares de respiro familiar (especialmente infantil), como poden ser a configuración de diferentes espazos lúdico-educativos.

Período escolar.

Propostas que permitan adaptar os horarios laborais ao horario escolar; mediante a posta en marcha de diferentes servizos baseados sempre en principios socio-educativos.

  • Programas matinais.
  • Programas de tarde.

Vacacións escolares.

Espazos de conciliación durante as vacacións escolares, baseados na educación e o tempo libre, adaptado ás idades das/vos participantes.

  • Escolas de Verán, campamentos.
  • Lúdicos de Nadal, Entroido e Semana Santa.

Todo o ano.

  • Campamentos urbanos, familiares, temáticos…
  • Animacións, festas, eventos infantís…
  • Espectáculos Bailes, contacontos.
  • Talleres maquillaxe, globoflexia, malabares….
  • Canguros a domicilio.
  • Miles de cousas máis.

Lecer e tempo libre.

Coñécese como Tempo Libre a aquel tempo que as persoas lle dedican a aquelas actividades que non corresponden ao seu traballo formal nin ás tarefas domésticas esenciais. Xeralmente, este tempo adoita ser utilizado para descansar do traballo ou ben para levar a cabo algunha acción que comporta recreación, entretemento ou satisfacción.

Aínda así, non debemos confundir o Tempo Libre co Lecer pois, para que o Tempo Libre sexa transformado en tempo de Lecer deben propiciarse as seguintes características:

  • Ter oportunidades (Non chega con ter Tempo Libre).
  • Posuír coñecementos e experiencias que permita elixir con fundamento (autonomía).
  • Capacidade para entregarse ás experiencias sen fins utilitarios (autotelismo).

Por tanto, gozar do Tempo Libre, non depende só de ter tempo, senón que depende tamén de ter ao alcance aqueles recursos necesarios para poder gozar do de maneira satisfactoria.

Servicios Integrales de Formación incorpora esta filosofía á hora de traballar nesta área; ofrecendo servizos e recursos enfocados á importancia da significación e non á mera realización de actividades.

Aínda que desde SIF, elabóranse programas para toda clase de idades e grupos destinatarios; débense destacar aquelas iniciativas enfocadas ao público infantil, debido á significación do lecer na infancia.

O desexo de poder analizar o Tempo Libre Infantil e xuvenil na nosa sociedade, hanos de levar a concretar e enmarcar accións. Así, ditas iniciativas deben proporcionar funcións e posibilidades concretas a todos os niveis de descanso, desenvolvemento persoal e diversión. Aceptando que de maneira intencional o Tempo Libre dos/ as nenos/ as e novos é unha cuestión de interese relevante.

O Lecer Infantil debe ser entendido como un tempo colectivo, de cooperación, tempo para a práctica democrática, a participación e a cidadanía; mediante a implicación dos nenos e as nenas en asuntos de responsabilidade social.