CONCILIA NADAL EN DODRO
Estes días de descanso de Nadal, en Dodro tivo lugar os días 23, 26, 27, 30 de decembro e 2 e de Xaneiro o Concilia Nadal de Dodro. As crianzas de 3 a 12 anos desfrutaron de pasar as mañás realizando diversas actividades.
Durante este período coñecemos e reforzamos a tradición do Apalpador ademais da idea de que os xoguetes non pertencen a ningún xénero a través dun obradoiro de igualdade, desenvolvemos a creatividade con diversos talleres das distintas personaxes do nadal, desfrutamos das badaladas, xogamos ao bingo de Nadal, etc.
Estivemos moi entretidos e para despedirnos tivemos unha saída a ao Belén Artesanal de Valga onde as nenas e nenos puideron ver a historia tradicional do Belén con temas de actualidade como a Dana, a volta ciclista, os xogos olímpicos, etc.