CONCILIA EN SEMANA SANTA EN VALGA
Comeza unha nova xornada onde a rapazada se coñece a través de xogos de presentación, debuxando e coloreando o que máis lles gusta para logo ensinalo aos demais. Despois, xogamos as “Estatuas musicais”, merendamos e nos diriximos ao exterior para facer xogos como o Pilla Cadena, O escondite inglés ou carreiras de relevos, onde todos correron e saltaron sen parar. Tras a intensa actividade, voltamos e rematamos o día facendo “O director de orquesta”.
Un novo día amence no auditorio de Valga onde os novos integrantes se presentan a través dun debuxo. Logo, cada quen, decorou o seu debuxo libremente, con ceras de cores e algodóns. Tras repoñer forzas, fixemos xogos de relevos onde por parellas tiveron que desplazar un globo con diversas partes do corpo, xogamos á “Bomba”, a “Araña” e o “Pilla Conxelado”. É hora de regresar e finalizamos a xornada realizando un debuxo que nos transmita calma.
E rematamos o último día “Facendo Arte”, pintando un anaco de papel con diversas cores para logo rompelo en anacos pequenos e pegalos polo mural colaborativo da primavera. Pintamos as letras e os debuxos con ceras e témpera cos pinceis e os dedos das mans. E como aos artistas ainda lles queda máis ganas de pintar, colorean unha mariposa. Tras un descanso para merendar, facemos o xogo das “Cadeiras musicais”, “O gato e o rato”, “O túnel” e “As catro estacións”. E a diversión chegou ao seu fin, ata outra próxima aventura…

