CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS EN PONTECESURES 2021
Na xornada do sábado o Concello de Pontecesures decidiu celebrar o Día Das Letras Galegas cunha serie de actividades que xiraron en torno á figura da poetisa Xela Arias.
Por unha banda, fixeron para a cativada talleres de marcapáxinas e máis chapas,nos cales tan só por participar che agasallaban cun libro.
Tamén se pintou o “Mural das Letras” no cal unha pintora decorou as paredes que rodean a Praza Do Coche de Pedra.
E finalmente, a xincana, a cal percorreu os lugares máis emblemáticos do concello a través de distintas probas, pistas e cuestións sobre Xela Arias.
Sen ningunha dúbida, foi unha tarde cargada de actividades coas que conmemorar unha data de gran importancia.