Día da Muller en Dodro

O Concello de Dodro celebrou o pasado venres o Día Internacional da Muller.

Unha xornada na que se homenaxeou a cinco mulleres voluntarias do concello que, de xeito desinteresado, colaboran ofrecendo o seu tempo, en diversas actividades municipais.

Ademais, Isabel Risco, amenizou o acto en clave de humor, poñendo en valor o papel relevante da muller, da muller galega, ao longo da historia.