Clases de reforzo en Valga!

O pasado 19 de febreiro deuse comezo a unha clases de reforzo para os nenos e nenas de Valga de luns a venres. A tarde dividiuse en dúas franxas horarias, unha primeira de 4 a 5 na cal acoden os nenos e nenas de menor idade e outra franxa , de 5 a 7 dedicada os nenos e nenas de maior idade.

Nestas clases o alumnado preparou exames e realizou as tarefas diarias que deben facer na  casa. Ademais diariamente reforzamos aqueles contidos que lle resultan máis complexos a cada neno ou nena.

Con motivo do día internacional da muller o venres 15 de marzo, xuntámonos ambos grupos e coa axuda de Beti a bibliotecaria do auditorio e do concello tivemos a sorte de realizar a lectura colectiva do libro “Cuando las niñas vuelan alto”  e compartimos o que aprendemos ou reforzamos sobre as mulleres na sociedade e dos pasos que nos quedan por dar para conseguir a igualdade.

Coa avaliación do segundo trimestre realizada, só nos queda traballar moito para seguir acadando bos resultados! 

UN EMPURRÓN MAIS!

No último mes, no Programa de Reforzo Educativo de Muros continuamos traballando arreo para facer fronte á última etapa desta Segunda Avaliación, posto que xa temos preto o calendario de exames finais.

Aínda así, nos últimos días tivemos tempo tamén de desconectar e relaxarnos pasando un bo rato durante as vacacións de Entroido. Pois aínda que nestas datas continuamos reforzando o que se precisaba, fixémolo dunha maneira máis dinámica e relaxada.

Así, estamos preparados xa para afrontar este novo empurrón, xa que de forma individualizada, fomos traballando e pulindo pouco a pouco todos aqueles aspectos educativos e formativos que nos dificultaban o proceso de aprendizaxe e acadamos mellorar. Probamos novas formas e ferramentas de estudo que nos axudaron a afianzar os contidos con maior seguridade e confianza en nós mesmos, o que nos motiva máis cara ó final

VOLTA Ó COLE!

Tras as vacacións de Nadal, nas que aproveitamos para reforzar e afianzar aspectos educativos e académicos dunha forma máis lúdica e distendida, dende o Programa de Reforzo Educativo de Muros volvemos a retomar a rutina e o calendario escolar no comezo desta segunda avaliación.

Afrontamos esta metade do curso con maior seguridade, motivación e xa totalmente adaptados ó novo curso. Polo que seguiremos traballando para continuar mellorando e poder facer fronte ás dificultades que se nos poidan presentar nesta nova etapa.

REMATANDO A PRIMEIRA AVALIACIÓN!

Nas últimas semás, no Programa de Reforzo Educativo de Muros, traballamos a fondo poñendo tódolos esforzos na recta final da primeira etapa lectiva; dado que era o momento de poñer en práctica todo o aprendido nos últimos meses (tanto en conceptos académicos como en ferramentas de estudo) para poder facer fronte ó calendario de exames finais.

Durante o proceso de aprendizaxe aténdese sempre ás necesidades educativas e académicas específicas de forma individual, poñendo sempre énfase na importancia da evolución e a mellora fronte a calquera calificación académica.

Unha vez superada esta primeira etapa chegou a hora de descansar e disfrutar das festas do Nadal  para repoñer forzas cara a chegada do novo ano.

BO NADAL!

Programa de Reforzo Educativo de Muros 2023-2024

Este novo curso, o Programa de Reforzo Educativo de Muros está conformado por un total de 18 nenos e nenas de diferentes cursos e idades, repartidos en 4 grupos dun máximo de 4 ou 5 persoas cada grupo.

Así, no PREM préstase unha atención individualizada, na que se traballan e reforzan aspectos educativos e académicos. Aténdese e dáse resposta a dificultades nas tarefas lectivas, e foméntanse tamén a interacción e as habilidades sociais a través da realización de xogos e/ou actividades grupais.