Xornada de Voluntariado en Mos

O concello de Mos organizou unha “Xornada de voluntariado” para persoas de 16 anos en diante.

O obxectivo desta xornada era unir o concepto de voluntariado e de igualdade. Déronse a coñecer os recursos e ferramentas que todos temos para poder afrontar calquera tipo de violencia.

Mediante casos prácticos e xogos as/os participantes puideron observar casos de violencia que poden pasar desapercibidos no noso día a día.

Tamén deron a coñecer o funcionamento dos Puntos lilas e como se pode formar parte deles.

Adeus xullo!!

Rematamos o primeiro mes de cursos de natación na piscina municipal de Cuntis, con ganas de seguir aprendendo as técnicas que nos axudan a desprazarnos pola auga e disfrutando dos días soleados que se van presentando.

«Al agua patos»

Na piscina municipal de Cuntis xa comezamos cos cursos de natación, tanto os máis pequenos como os máis grandes tiveron o primeiro contacto coa auga. Mediante largos e xogos, os usuarios do servido están a solventar o calor que nos persigue estos días.

ACTIVIDADES NOS CENTROS SOCIOCOMUNITARIOS

Nos centros sociocomunitarios de Fene, Santa Comba e Corcubión, concluímos un ano máis as actividades que con gran acollida vimos desenvolvendo desde hai uns anos. Pintura, manualidades, ximnasia, pilates, talleres de memoria, informática, labores… son algunhas das que teñen maior participación.

Cunha festa de final d e curso, despedímonos ata despois do verán

Obradoiro de cupcakes de Nadal en Sigüeiro

A todos gústannos os doces, e así de ben llo pasaron os e as peques de Sigüeiro decorando cupcakes

Aínda que antes de decoralos hai que facelos, claro, así que puxéronse ao choio e prepararon unha  riquísima masa para enfornar uns estupendos cupcakes. Mangas pasteleiras con delicioso «frosting» de queixo crema, estreliñas de azucre, nubes ou lacasitos foron algúns dos toppings empregados por estes e estas aspirantes a chef para as súas creacións. Quedaron preciosos e, o mellor, deliciosos!!

Cociña infantil en Sigüeiro

Quen dixo que os nenos e as nenas non podían cociñar? Neste curso de cociña infantil estamos a demostrar que iso non é verdade, poden cociñar, e moi ben!

Desde emoticonos de avea e plátano ata pizzas de Samaín con forma de momia, pasando por arañas de galleta ou pollitos de ovo, esta cociña non só está rica, senón que é tremendamente creativa!

Para mostra, un botón, aquí deixámosvos algunhas das creacións das nosas e nosos mini-chefs.

Bo proveito!

ACTIVIDADES CON MAIORES EN CALDAS

Ao longo dos meses de maio a xullo o Concello de Caldas puxo en marcha actividades pos pandemia para a xente maior, o que se pretendía e conseguiuse, era reactivar e dar a oportunidade aos nosos maiores de volver á súa vida pre pandemia. Neste caso as actividades propostas foron Pintura, Talleres de Memoria e alfabetización dixital, todas elas celebradas con gran éxito.

Visita ao centro da empresaria e antiga alumna Begoña Alonso

O pasado xoves, visitamos a EFA A Cancela (As Neves) onde, a través da súa experiencia como mestra e emprendedora, Begoña explicounos os seus inicios no mundo empresarial, os riscos que iso conleva, e sobre todo as vantaxes que para ela supón traballar por conta propia. Explicou os trámites para crear un negocio, as calidades que cre debe ter un educador infantil no seu traballo con nenos e nenas, o que persoalmente valora nunha entrevista inicial cun candidato, e apelou ao esforzo, a constancia,  a responsabilidade e por suposto aos valores que nos axudan a ser mellores persoas,  para conseguir calquera cousa que un se propoña na vida.

COMEZAMOS UN CURSO MÁIS NO TALLER DE ESCOLARIDADE DO CONCELLO DE DODRO.

Voltamos un curso máis coas enerxías renovadas despois do parón que nos obrigou a tomar o COVID-19. Tomando todas as precaucións sanitarias recomendadas de limpeza, ventilación, hixiene, aforo,… seguimos realizando as tarefas escolares diarias e  outras  actividades de reforzo para poñernos ao día con todo o que quedou pendente do curso pasado.

Polo si ou polo non e aproveitando o Samaín tanto en Imo como en Teaio invocamos aos espíritos con esconxuros que o alumunado tivo que realizar para levar ao cole e así botar ao coronavirus ás cunetas!! Tan ben o fixemos que ata un esqueleto visitounos na aula de  Teaio. Que medo!!