CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS EN PONTECESURES 2021

Na xornada do sábado o Concello de Pontecesures decidiu celebrar o Día Das Letras Galegas cunha serie de actividades que xiraron en torno á figura da poetisa Xela Arias.

Por unha banda, fixeron para a cativada talleres de marcapáxinas e máis chapas,nos cales tan só por participar che agasallaban cun libro.

Tamén se pintou o “Mural das Letras” no cal unha pintora decorou as paredes que rodean a Praza  Do Coche de Pedra.

Leer más

XINCANA DAS LETRAS GALEGAS NOIA 2021

A tarde recibiunos con sol e boa temperatura para celebrar este Día das Letras Galegas 2021 en Noia.

Con esta  Xincana tan especial mediante a cal percorremos algúns dos  lugares máis emblemáticos de Noia, a diversión e o bo humor estaba garantido.

Por suposto, tamén nos achegamos un pouco máis a  Xela Arias a través dalgunhas preguntas e simpáticas probas que os participantes tiveron que contestar ou realizar en cada un dos puntos sinalados.

Leer más