Teatro, reciclaxe e debuxo

Esta semana en Calo estamos a preparar pequenas obras de teatro para facer con marionetas.

Pouco a pouco, en grupos ou individualmente, están a crear historias que desenvolverán na súa totalidade (personaxes, diálogos, creación de marionetas, decorados…).

image1

Na recta final do curso estes rapaces de Pedrouzos aínda teñen ganas de traballar. Así e que esta semana con simplemente uns tapóns de plástico fixeron bichiños e debuxos que lle quedaron xenial.

20160606_09110820160606_092632 20160608_084522 20160608_084530

Despedimos maio nos coles

En esta semana deixaron voar a sua imaxinacion en Pedrouzos, resultando uns debuxos ben particulares.

Ao longo desta semana representamos as pequenas obras de Teatro de Sombras que crearon os nenos e nenas de Calo. Foron catro historias, algunhas máis longas, outras menos, pero que traballaron eles ao cen por cen. Noraboa a todo e todas.

thumb_IMG_8774_1024

Sombras e monicreques

Esta semana en Calo tocou «Teatro de sombras». Fixemos diversos grupos de traballo, e logo de ver un pequeno exemplo deste teatro, cada grupo está elaborando a súa pequena obra.

Estamos polo tanto a crear historias, personaxes….., é dicir, creatividade ao máximo; os resultados  poderedes velos a vindeira semana.

 

Hai que ver como se divertiron estes días os nenos e nenas de Pedrouzos facendo monicreques de man e dedo; con solo cartolina e papel conseguiron cousiñas ben simpáticas.

A semana pasada…

Como se achega este día tan importante na nosa comunidade, en Pedrouzos comezaron a elaborar un mural no que van a reflexar unha morea de palabras galegas.

Esta semana en Calo continuamos cos xogos de teatro.

Por grupos representaron diferentes accións (un día de excursión, voando no avión…), imitaron diferentes animais…e todo con mímica. Tamén, como exercicio memorístico, fixemos o teléfono estropeado pero cun conto curto.

Agasallando ás nais

Esta semana adicamos o noso tempo a preparar agasallos para as nais dos nenos e nenas de madrugadores de Calo. Este ano tocou facer pulseiras, os maiores reciclando cápsulas de café, e os pequenos/as con “trapillo” e abelorios. O esforzo foi grande pero os resultados moi bos.

image2 image3