CAMPAMENTO DE NADAL DO CONCELLO DE PONTECESURES

As vacacións de Nadal dos nenos e nenas da comarca de Pontecesures estiveron repletas de xogos, actividades e diversión no Campamento que se levou a cabo do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. Nestes días, os participantes coñeceron e reencontráronse con compañeiros e compañeiras de diversas idades, cos que creamos un grupo do máis traballador, participativo e divertido.

Alternando actividades e experimentos manipulativos e artísticos con xogos e saídas ao aire libre, gozamos duns marabillosos días en boa compañía. Cando o tempo o permitía, aproveitamos ao máximo o patio para facer xogos de todo tipo: búsqueda de minerais, carreiras, escondites, experimentación coa area, xogos co balón, entre outros.

Os días de choiva, fixémonos expertos en elaborar agasallos, decoracións e manualidades do Nadal; mesmo tivemos ocasión de darlle a benvida ao Ano Novo deixando plasmados os nosos desexos e propósitos para o 2024!