Bo verán e….BOA MEMORIA!!

Este mes de xuño puxemos o broche final aos cursos de memoria de Valga, e fixémolo como mellor sabemos: aprendendo, xogando e compartindo bos momentos.

Durante este último mes tivemos a oportunidade de coñecer e lembrar a grandes mulleres galegas que foron pioneiras en moitos ámbitos. Descubrimos a figura de Isabel Zendal, considerada a primeira enfermeira en misión internacional, ou de Concepción Pérez, que pasou á historia por ser a primeira muller alcaldesa de Galicia. Mulleres valentes, que abriron camiño e que deixaron pegada.

Pero non todo foi estudo! Tamén gozamos xogando a xogos de mesa que nos axudaron a mellorar a memoria, a axilidade mental… e, sobre todo, a rir e pasalo ben xuntos. E como non podía ser doutra maneira, rematamos con unha merendola final chea de sabor e boas vibras, para celebrar todo o aprendido e vivido durante estes meses de traballo compartido.

Agora tócanos descansar, desfrutar do bo tempo e seguir estimulando a mente no día a día. Dende aquí desexámosvos a todos e todas un feliz verán, e esperamos volver a vernos de novo con enerxía renovada!