Curso de cociña de Nadal

Esta época do ano e na que nos reunimos con toda a familia e amigos e amigas arredor dunha mesa de comida. Como anfitrións queremos deixar o pavillón ven alto e de mellor forma que asistindo a un curso que nos ensine a cociñar e empratar. Onte rematou o curso de cociña de Nadal no Concello de Dodro no que aprenderon a facer os entrantes, primeiros pratos, segundos pratos e postres agora só toca poñelo todo en práctica.

I Concurso de Tapas de O Pino

O venres 16 de decembro celebrouse no Concello de O Pino a entrega de premios do I Concurso de Tapas, Camiñando e Tapeando. Foron 13 os locais participantes pero só dous foron os gañadores. O primeiro premio foi para o Restaurante Andaina (parroquia de Arca) e o segundo para o Restaurante Bello (parroquia de Castrofeito). Tamén houbo regalos para as persoas que degustaron as diferentes tapas, unha cea e unha fin de semana para dúas persoas.

Actividades 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Esta semana acabamos as actividades que se veñen a desenvolver durante todo o mes de novembro e parte do de decembro co motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Foron varios os concellos e centros escolares nos que estivemos e lle queremos dar as grazas por contar coa nosa axuda para dar un paso máis cara a erradicación desta lacra social.

 

Curso de Guía Interprete da Natureza e o Patrimonio

aula-espazo-naturalMañá 4 de novembro, as 17 horas, dará comezo, na Aula da Natureza de Dodro, un curso de Guía Intérprete da Natureza e o Patrimonio. Estas xornadas terán a duración de 25 horas, 10 teóricas e 15 prácticas e estás abertas a toda a poboación en xeral tendo preferencia as mulleres e a mocidade en busca de emprego.

Fin de semana de mulleres

Rematou a fin de semana de mulleres do Concello de Dodro.
Dous días intensos, cheos de actividades lúdicas, formativas e culturais, este ano en Betanzos!
Unha oportunidade única para desconectar do trafego rutinario do día a día, e un bo momento para reflexionar sobre a necesidade do propio coidado.
Bo viaxe de volta.
Ata o ano!


+ Fotos

Talleres de Escolaridade

A partir do 17 de outubro do 2016 e durante todo o curso escolar, impartiranse clases de apoio e reforzó escolar e actividades recreativas para nenos e nenas que cursen educación primaria. O horario será de luns a venres, das 16 ás 19 horas, na Casa de Cultura de Dodro.

Para inscribirte terás que presentar, entre o 3 e o 10 de outubro, en Servizos Sociais, o DNI do pai/nai e tarxeta sanitaria do/a menor, o IRPF ou certificado negativo e certificado de empadroamento da unidade familiar.

Fin de Semana de Mulleres de Dodro

fin-de-semana-16O 15 e 16 de outubro, celébrase, un ano máis, o Fin de Semana de Mulleres de Dodro. Este ano estaremos en Betanzos onde disfrutaremos de lugares como o Pasatempos ou o Museo das Mariñas. Unhas xornadas de formación ocuparán toda a tarde do sábado e para rematar o día unha gran velada-espectáculo. O domingo será outro día que hai que aproveitar ó máximo ata o regreso a Dodro.

Quen queira asistir terá que inscribirse, EN PERSOA, no departamento de Servizos Sociais do concello, entre o 3 ao 6 de outubro.

Retorno da excursión de Madrid e Toledo da xente de Frades

Pasou o día e pasou a romaría, un centenar de persoas de Frades visitaron este fin de semana Madrid e Toledo.

Partiron o venres sobre as 7:30 da mañá e despois de facer varias paradas para estirar as pernas e comer, chegaron a Madrid onde fixeron unha ruta turística en bus baixando en lugares emblemáticos da capital.

O sábado houbo unha división no grupo, mentres que uns querían adrenalina e aventura os outros querían tranquilidade. O primeiro grupo pasou o sábado no Parque de Atraccións da Warner e o resto visitou pola mañá o Museo Naval e pola tarde percorreron a cidade de Toledo coa axuda do tren turístico e tamén cunha visita guiada. De  volta a Madrid, non se pode deixar de ver a Porta do Sol.

O domingo, xa todos xuntos, pola mañá tocou visitar o Parque do Retino e o Rastro e despois de comer tocou coller camiño de volta ó Concello de Frades.

+ FOTOS

Excursión Madrid – Toledo de Frades

madrid-puerta-alcalaO Concello de Frades organiza unha excursión a Madrid e Toledo o 16, 17 e 18 de setembro cun prezo de 160€ para os empadroados (menores de 12 anos, 120€) e 185€ para os non empadroados (menores de 12 anos, 145€).

As 7:30 da mañá os autobuses farán un percorrido polas paradas habituais das distintas paradas do concello para recoller a xente.

Parada para comer de camiño á capital.

img_8618-3As 16 horas, visita turista por Madrid.

O sábado, teñen a opción de elixir que facer duranto todo o día, ou visitar o Parque Warner de Madrid ou ben acercarse ata a cidade de Toledo.

O domingo pola mañá coñecer o Parque do Retiro.

Ao medio día, comida e saída para Frades.