Día Internacional da muller

Que é ser muller? pretende, a través da mirada infantil, homenaxear as mulleres do Concello de Dodro, dende o recoñecemento da pluralidade e a diversidade; poñendo en valor o papel fundamental que están a desenvolver neste momento da historia.

Ceducando en Arbo

Dentro das actividades da Escola de Nais e Pais do Concello de Arbo, tivemos a oportunidade de impartir a sesión expositiva «A importancia de coeducar como prevención da Violencia de Xénero». Grazas a todas pola vosa participación e acollida. Ata outra!

Tecendo un mundo

Infantil e primaria do CPI de Pontecesures participaron hoxe nunha actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller. O resultado foi a elaboración dun tapiz común, formado a través de teas de diversas cores, texturas e estampados, etc. De forma creativa, esta metáfora, móstranos a importancia de unirnos, aínda coas nosas diferenzas, para defender a igualdade de oportunidades e que a unidade se forma a través do recoñecemento da pluralidade.

Retratos de Muller

Retratos de Muller, pretende, a través da mirada infantil, homenaxear ás mulleres do Concello de O Pino, dende o recoñecemento da pluralidade e a diversidade; emprazando ao propio alumnado a reflexionar e referir, sobre o papel que xogan os mulleres no desenvolvemento da propia comunidade. Dende hoxe ata final de mes pódese visitar dita exposición no Centro Sociocultural Luís Seoane (Arca). O venres 10 elixirase unha proposta gañadora en función aos seguintes niveis: Educación infantil, 1º-2º- 3º de Educación Primaria, 4º-5º-6º de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

Día de Rosalía de Castro en Dodro

Hoxe, 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, o Concello de Dodro quere achegar un pouco máis a figura da escritora ós cativos e cativas do lugar por medio de xogos. Na Casa da Cultura (Dodro) a partir das 17:30 horas, unha xincana cultural.

Igualdade de xénero

No 25 de novembro realizouse un concurso no IES de Melide no que había que presentar un bosquexo co tema, día da Igualdade de Oportunidades e prevención da Violencia de Xénero. O bosquexo gañador plasmouse este venres, 20 de febreiro, en Melide, na esquina da Ronda da Coruña coa Rúa Otero Pedrayo. Os gañadores puideron axudarlle a un grafiteiro profesional a pintar a súa imaxe en dita parede.

Lecer Nadal

Chegan as vacacións de Nadal para os coles pero moitos e pais e nais de O Pino teñen que seguir traballando así que é o momento da conciliación. Dende o 22 de decembro do 2016 ata o 5 de xaneiro do 2017, ambos incluídos,  levarase a cabo o Lecer Nadal, Programa no camiño da Conciliación Laboral e Familiar onde os rapaces e rapazas de 3 a 12 anos poderán seguir aprendendo por medio de xogos e outras actividades lúdicas.

cartel