Fin de semanas de Mulleres de Dodro

Rematou a fin de semana de mulleres do Concello de Dodro. Dous días intensos, cheos de actividades lúdicas, formativas e culturais este ano en Baiona! Unha oportunidade única para desconectar, compartir, reflexionar, debatir… e como non… tamén para rir! Deica o ano!!

Curso de cócteles saudables

Mañá terá comezo un curso de cócteles saudables para mozas e mozos de entre 18 e 30 anos. Se aínda non vos anotastes aínda o podedes facer ata o día 15 de setembro na OMIX de Dodro.

Final do curso de conservas

Hoxe rematou o curso de conservas do Concello de Dodro. Foron só dúas tardes pero xornadas moi intensas na que se aprendeu pero tamén se disfrutou.

Curso de conservas en Dodro

Onte foi o primeiro día do curso de conservas, vémonos para o sábado 24 de 16:30 a 19:30 horas no local social de Imo.

Xornada de Intercambio

As persoas participantes nos Talleres de Memoria e Alfabetización de Adultos do Concello de Dodro, disfrutaron este venres da II Xornada de Intercambio xunto co alumnado de Meis.

Pola mañá, tivemos a oportunidade de falar sobre a actividade que desenvolven nas aulas, de presentar a realidade de ambos concello, etc.

A continuación, visitaron xuntos os lugares máis emblemáticos do municipio dodrense.

Xa para rematar, que mellor forma de facelo que compartir xantar, e sobre todo compartir moita música e moito baile.

Un día diferente e intenso de intercambio de experiencias.