CONCILIA EN ENTROIDO

Os nenos e nenas do Concello de Mesía, aproveitaron estes días de Entroido para  facer o que máis lles gusta no Verán… COCIÑA. Puideron desfrutar aprendendo a facer a típica receita de rosquillas de Entroido.

Por outro lado desfrutaron dunha variedade de  xogos  moi diversos de distensión, onde se soltaron a aprender a xogar en conxunto. Xogos como Faros e Barcos, Brilé sentado, Bomba ou Poli-Asesino-Médico mesturados con outros de volta a calma como o Teléfono Estropeado.

Para rematar,  os rapaces aproveitaron o mércores para poñer as súas mellores galas pintando a cara coa temática de fantasía e tamén unha morea de tatuaxes.

Voltamos ás aulas!

Neste mes de xaneiro, nas clases de inglés lúdico do CEIP do Camiño Inglés de Sigüeiro, introducimos as clases falando sobre os regalos que os nenos e nenas recibiron en Nadal, relacionándoo así co vocabulario sobre xogos e xoguetes.

Ademais, abordouse vocabulario relacionado coas partes do corpo e da cara, tal e como podemos ver nas imaxes onde, nenos e nenas, seguindo instrución verbais, foron debuxando as diferentes partes que conforman o rostro de cada un dos debuxos.

Finalmente, traballouse a familia, a cal o alumnado foi identificando a partir dunha figura que resulta coñecida para eles/as: Peppa Pig e a súa familia. Así, para traballar a familia, o alumnado elaborou un mini-libro -que podemos ver nas imaxes- con vocabulario e fixo un debuxo ao respecto.

Este mes lemos o conto infantil: “You’re my magical unicorn” de Joyce Wan.

EMPEZAMOS O ANO

Comezamos Xaneiro por todo o alto. Coa volta ao cole, retomamos a Aula Concilia de Mesia, e os nosos nenos do programa descubren unha nova afición: o xadrez. Ademáis, os Reis Magos deixaronnos diversos xogos novos dos que levamos desfrutando todo o mes. O que mais nos gusta son os famosos “Palillos chinos” cos que  adestramos a memoria e a capacidade de concentración.

VOLTA Ó COLE!

Tras as vacacións de Nadal, nas que aproveitamos para reforzar e afianzar aspectos educativos e académicos dunha forma máis lúdica e distendida, dende o Programa de Reforzo Educativo de Muros volvemos a retomar a rutina e o calendario escolar no comezo desta segunda avaliación.

Afrontamos esta metade do curso con maior seguridade, motivación e xa totalmente adaptados ó novo curso. Polo que seguiremos traballando para continuar mellorando e poder facer fronte ás dificultades que se nos poidan presentar nesta nova etapa.

O NADAL CHEGOU A AVIÓN

Que bonitas son estas datas de Nadal, nas que os mais cativos teñen tempo de lecer e sobre todo teñen moita ilusión pola chegada de Papa Noel e Os Reis Magos, pero mentres desfrutan das actividades de Nadal neste concello, como foron facer manualidades de Nadal, xogos de Nadal e cantaron panxoliñas.

E o remate tiveron sorpresa de Nadal, que mais se pode pedir.

Saída de Nadal

Despois de uns días de diversión con numerosos xogos, tanto de mesa como deportivos; e talleres de Nadal, os nenos e nenas do campamento de Arbo xunto cos nenos e nenas que participaban nos talleres de Nadal do Concello das Neves foron de excursión o Belén de Valga e como remate final a nosa aventura de Nadal os nosos cativos foron os paxes das súas maxestades os RR. MM. De Oriente.

BÓTALLE IMAXINACIÓN Ó NADAL!!

E vós, imaxinades un lugar onde os nenos e as nenas poden desfrutar dun Nadal cheo de diversión e entretemento?

Pois en Muros si o hai, tanto no seu pavillón de Miraflores como no de Xosé Lago, en Esteiro, a cativada pasouno pipa en estas vacacións de Nadal, deixando voar a súa imaxinación, converténdose en verdadeiros/as presentadores, cantantes, artistas, divertíndose con todo tipo de dinámicas, xogos e moito deporte, creando contos e historias, facendo visitas ó pobo, ilustrando unha chea de bos desexos para o ano novo, ideando novos e orixinais aspectos para os Reis Magos…

Xa vedes familias, unha infinidade de cousas que non deixaron lugar para o aburrimento!

Pasade un feliz ano e vémonos pronto!

O PINO, UN NADAL CON IMAXINACIÓN

Para inaugurar estas festividades a cativada de O Pino fixo un mural dándolle a benvida o Nadal. Neste non faltaba de nada, tiñamos reis magos, bonecos de neve, bastóns de caramelo, renos… e ata neve!

Coa visita de Papá Noel presente nos fogares, os nenos/as quixeron facer o seu propio Papá Noel dándolle un toque moi moderno e persoal. 

Para iluminar o noso Nadal realizamos un taller de velas navideñas.

Pero… que é un Nadal sen árbore? Por isto quixemos priorizar os espazos verdes da escola decorando unha árbore do patio con adornos feitos por nós.

Aínda que o frío non deixou de acompañarnos ao longo destas semanas, este non nos permitiu desfrutar de algo tan mítico no nadal como a neve, por iso, creamos os nosos copos que brillan dun xeito ben particular.

Non nos faltou tempo para vestirnos de gala, e con gorros, matasuegras e ata gravatas, preparámonos para dar a benvida ao ano novo.

As doce badaladas inauguraron a entrada do 2024 e continuamos a festa con un gran festival no que tivemos bailes, cancións e ata obras teatrais. E, por certo, non deixedes de vernos guapísimos/as posando no noso photocall!

Continuando coa nosa tradición de festexar a entrada do ano, realizamos un mural no que tamén tivemos oco para os nosos mellores desexos de aninovo, entre o que non faltaba a petición de felicidade e boas novas para os nosos.

Tendo presente a chegada dos Reis Magos de Oriente a O Pino, quixemos recibilos realizando un cadro de nadal no que se observaba a súa silueta entre sombras azuis, brancas e prateadas. Así mesmo, todos nos metimos un pouco no seu papel colocando as nosas coroas reais que cada un/unha personalizou como máis lle gustaba. Consideramos que non había mellor forma de viaxar cos nosos nenos/as da man de Melchor, Gaspar e Baltasar que a través dun bo contacontos, que, por certo, desfrutamos un montón!

Para rematar, recibimos a visita do paxe real o cal lle trasladará os nosos desexos as maxestades de Oriente.

Foron nove días de moitos xogos e diversión nos que só houbo cabida para a ledicia, a ilusión e a compañía

CAMPAMENTO DE NADAL DO CONCELLO DE PONTECESURES

As vacacións de Nadal dos nenos e nenas da comarca de Pontecesures estiveron repletas de xogos, actividades e diversión no Campamento que se levou a cabo do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. Nestes días, os participantes coñeceron e reencontráronse con compañeiros e compañeiras de diversas idades, cos que creamos un grupo do máis traballador, participativo e divertido.

Alternando actividades e experimentos manipulativos e artísticos con xogos e saídas ao aire libre, gozamos duns marabillosos días en boa compañía. Cando o tempo o permitía, aproveitamos ao máximo o patio para facer xogos de todo tipo: búsqueda de minerais, carreiras, escondites, experimentación coa area, xogos co balón, entre outros.

Os días de choiva, fixémonos expertos en elaborar agasallos, decoracións e manualidades do Nadal; mesmo tivemos ocasión de darlle a benvida ao Ano Novo deixando plasmados os nosos desexos e propósitos para o 2024!