BENVIDOS AO CUNTILÍN

Moi boas a todos e todas, comezamos un novo curso, unha nova estación e unha nova programación no Cuntilín!

Antes de nada lembrarvos que cambiou algo o horario. Xa non temos quendas , o novo horario é máis ben un vello coñecido. Volvemos a comezar ás 15:30 é rematamos para os usuarios/as ás 20 horas. Como novidade, este ano de  20:00 á 20:30 estará adicada a atención individualizada ás familias.

En canto a programación, como este ano é ano Xacobeo, imos coñecer en profundidade o   Camiño de Santiago e a súa historia. Pero non dende un punto de vista relixioso, senón que iremos coñecendo os diferentes pobos dende un punto de vista cultural, histórico, natural, artístico…ata chegar a Santiago.

Como a tarde é moi longa, tamén teremos tempo para: talleres de Igualdade, educación para a saúde, animación á lectura, obradoiros de reciclaxe, iniciación teatro ,etc. Ah! Sen esquecernos do estudo, algo fundamental nas tardes do Cuntilín!

Estade atentos ás redes sociais e ao correo electrónico para estar sempre ao día das últimas novidades!

Para calquer cousa aquí estamos, no Cuntilín!

Un saúdo e ata a semana!