ACTIVAMOS E ESTIMULAMOS A MENTE EN PONTECESURES

Dende o finais do 2024 estase a levar a cabo unha nova edición dos talleres de memoria e estimulación cognitiva para os maiores. En sesións de hora e media, e dous grupos semanais creamos un lugar no que a sociabilización deste grupo de idade ao mesmo tempo que a través de exercicios de distinta índole e xogos activamos as capacidades cognitivas dos e das participantes.

Actividades de linguaxe como a busca de palabras que comecen ou rematen por determinado grupo de letras, elementos dentro de distintas categorías, exercicios de agudeza visual, de ordenar alfabeticamente, contas regresivas ou progresivas de números, ordenar unha serie de números de maior a menor ou viceversa, etc. Todos exercicios que pouco a pouco aumentamos a dificultade a medida que os nosos e as nosas participantes van collendo unha maior destreza, e os cales adaptamos aos distintos niveis que podemos atopar no grupo.

Tamén tivemos sesións de xogos, as cartas, xogos de buscar a parella, destreza xeométrica, xogos clásicos como Arriba o lapis, palabras encadeadas, a maleta viaxeira… permítennos seguir traballando nun ambiente máis relaxado e que favorecen os momentos de risas e complicidade entre os e as participantes, momentos esenciais de sociabilización e conexión esenciais para a un benestar mental.

Nestes meses tivemos tempo de celebrar almorzos de Nadal e de Entroido, nos que se crean un ambiente para o recordo e no que as anécdotas e contos saen á luz.

Despois de todos estes meses de traballo, podemos ver grandes avances nas habilidades cognitivas, lingüísticas e na memoria de todos e todas elas.

Todo traballo ten a súa recompensa, e neste caso unha moi grata!