CALDAS DE REIS DESPIDE CON ÉXITO O TALLER DE MEMORIA 2024-2025!

A semana pasada celebramos o peche deste curso cunha merenda e un bingo cheo de alegría e bos recordos. Foi un gran broche final!

Este curso contamos con 70 persoas inscritas.

Formáronse 3 grupos presenciais, un deles adaptado para quen necesitaban un apoio máis personalizado.

Tamén contamos coa modalidade a distancia, onde os inscritos podían traballar desde casa con fichas deseñadas para seguir exercitando a memoria.

Queremos agradecer a todas as persoas  que participaron, aprenderon e se animaron a compartir experiencias. A vosa constancia e entusiasmo fixeron deste taller un éxito.

Esperamos vervos a todos no próximo ano!

Bo verán e….BOA MEMORIA!!

Este mes de xuño puxemos o broche final aos cursos de memoria de Valga, e fixémolo como mellor sabemos: aprendendo, xogando e compartindo bos momentos.

Durante este último mes tivemos a oportunidade de coñecer e lembrar a grandes mulleres galegas que foron pioneiras en moitos ámbitos. Descubrimos a figura de Isabel Zendal, considerada a primeira enfermeira en misión internacional, ou de Concepción Pérez, que pasou á historia por ser a primeira muller alcaldesa de Galicia. Mulleres valentes, que abriron camiño e que deixaron pegada.

Pero non todo foi estudo! Tamén gozamos xogando a xogos de mesa que nos axudaron a mellorar a memoria, a axilidade mental… e, sobre todo, a rir e pasalo ben xuntos. E como non podía ser doutra maneira, rematamos con unha merendola final chea de sabor e boas vibras, para celebrar todo o aprendido e vivido durante estes meses de traballo compartido.

Agora tócanos descansar, desfrutar do bo tempo e seguir estimulando a mente no día a día. Dende aquí desexámosvos a todos e todas un feliz verán, e esperamos volver a vernos de novo con enerxía renovada!

CREAMOS UN REFRANEIRO… PARA NON PERDER A MEMORIA!

Nos talleres de memoria de Valga, durante estes meses, estivemos elaborando un refraneiro. Utilizando diversos materiais, creamos o noso propio libro, que “cosemos” á man con lá, decorámolo e enchémolo de refráns que fomos recordando e recollendo, co fin de que podan perdurar no tempo e ensinarllos ás novas xeracións.

Ademais disto, traballamos en matemáticas a través de exercicios de cálculo mental e problemas da vida cotiá, e tamén abordamos as letras mediante fichas e xogos como o “titifruti”, no que practicamos a axilidade mental, vocabulario e ortografía, mentres desfrutamos de momentos agradables de risas.

TALLER DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA A DOMICILIO NO CONCELLO DE FRADES

Remata unha nova edición do taller de estimulación cognitiva destinado a persoas con deterioro cognitivo leve ou moderado do concello de Frades. Este programa, desenvolvido nos propios domicilios, ofreceu intervencións individuais e personalizadas, adaptadas ás necesidades específicas de cada participante. Durante as sesións traballáronse unha ampla variedade de habilidades cognitivas como a memoria, as funcións executivas, a linguaxe, o razoamento lóxico, a atención e a visoconstrucción, entre outras, co obxectivo de manter e potenciar as capacidades mentais o maior tempo posible. Agradecemos a participación e colaboración das familias. Desexámoslle a todas un feliz verán e reafirmamos o noso compromiso co benestar e a saúde cognitiva para o vindeiro curso.

NOS TALLERES DE MEMORIA DE DODRO HAI TEMPO PARA TODO

Ao longo do mes de maio, nos distintos talleres de memoria do Concello de Dodro, leváronse a cabo diversas actividades orientadas á estimulación cognitiva integral, combinando exercicios de lóxica, linguaxe, atención, cálculo e orientación espacial, e coma sempre, priorizando que se estes talleres se convirtan nun ambiente distendido, participativo e adaptado ao ritmo de cada persoa participante.

Durante as sesións deste último mes actividades moi diversas buscando así fomentar cada unha das áreas a traballar. Lectura de textos clásicos, acitvidade coa que por unha banda, traballamos a comprensión lectora e a atención mediante preguntas específicas, e por outra, realizamos exercicios de discriminación visual de letras concretas dentro do texto. Busca de diferencias, centrando a atención nos pequenos detalles visuais que as diferencian, busca de parellas de figuras, letras ou números activan a memoria visual e a capacidade de asociación, e traballando tamén deste xeito a capacidade de concentración dos nosos e das nosas participantes.

Exercicios diversos de linguaxe como o completado de analoxías, como buscar palabras que só conteñan determinadas letras ou combinacións concretas (por exemplo, a vogal “a” ou que rematen por “-al”) ou a transformación de palabras, modificando a orde das letras para formar novos termos axúdannos a manter activo o razoamento verbal, favorecer a fluidez verbal e a creatividade léxica, memoria léxica e flexibilidade mental.

E como non todo vai ser letras, tamén traballamos cos números con exercicios de clasificación de números segundo distintas condicións: pares ou impares, superiores ou inferiores a un valor determinado, múltiplos, etc., resolvemos operacións numéricas substituíndo figuras por valores asignados e completando sumas e restas segundo esa equivalencia, pirámides numéricas, nas que se debía calcular os valores intermedios a partir de sumas en distintas direccións, reforzando o cálculo mental e a lóxica e fortalecendo o cálculo e a capacidade de categorización.

Exercicios espaciais tipo “Tetris” ou “Tangram”, nos que se tiñan que encaixar pezas ou formas en espazos delimitados, completar o debuxo de forma simétrica, debuxar seguindo os puntos ou replicar o debuxo na cuadrícula valeira, estimulan a visión espacial e a planificación.

Adiviñanzas, refráns e xogos verbais, como palabras encadeadas ou a maleta viaxeira, como actividades lúdicas que fomentan o pensamento lateral e a activación da memoria semántica, e xogos tradicionais, como a escoba, a belisca ou o bingo, que ademais de entreter, traballan o cálculo, a atención sostida e a memoria operativa, completaron un mes cheo de traballo, entretemento e bos momentos nos talleres de memoria de Dodro.