TALLER DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA DE CALDAS DE REIS

Un espazo de traballo, lúdico e sobre todo de encontro cos iguais que ten como finalidade manter activa a mente e polo tanto axuda a potenciar e manter a calidade de vida das persoas asistentes.

Este mes incorporamos novos xogos que nos axudaran a seguir traballando de forma lúdica o rendemento cognitivo xeral ou especificamente algún dos seus compoñentes como a atención, o cálculo, a linguaxe, as funcións executivas, etc.

Día da Muller, 8M

Pasou o 8M e moitos concellos quixeron poñer o seu graíño de area para seguir loitando polo Igualdade.

O Concello de O Pino, co alcalde á cabeza, fixo a lectura do manifesto e centrouse no comercio para esta campaña.

No Concello de Valga saíron á rúa cunha Andaina da Muller e para os mais pequenos, coa maga Leo Leiño disfrutaron da Maxia pola Igualdade.

En As Neves, visitáronse os diferentes coles para concienciar dende pequeniños con dinámicas e contacontos.

En Cuntis, a lectura do manifesto e o encontro interxeneracional dou inicio ás actividades que se están a celebrar acabando o sábado 15, na Casa do Médico cunha charla dirixida a adolescentes.

No Concello de Frades, ó igual que en outros concellos como o de Avión rematáronse as actividades con reparto de diferente material de merchandising.