NADAL NOS TILOS!

Moi boas familias! Pasámonos por aquí para poñervos ao día das nosas aventuras durante esta quenda de nadal do Diverteo.

Durante o primeiro día puidemos coñecer a historia do Apalpador , crear os nosos propios monicreques deste e ata buscar por todos lados os agasallos escondidos. Tras un primeiro día de risas e carreiras adentrámonos de golpe nas diferentes historias navideñas de diferentes persoaxes do mundo como o Tio de Nadal, a Befana ou Julenissen, entre outros, e rematamos o noso día cuns xogos moi do estilo de Papa Noel, nos cales, os cativos e cativas desfrutaron un montón. Tras o día de nadal voltamos con moita enerxía pero moito frío por iso creamos os nosos propios bonecos de neve! Sen olvidarnos, claro está, da nosas tarxetiñas de nadal. E como non podía ser de mellor forma escorrentamos o frío cunha morea de xogos aproveitando os raios de sol.

Isto é todo durante esta primeira semana aquí nos Tilos pero aínda nos quedan uns cantos días para seguir desfrutando. Ata a seguinte!

Superada a primeira semana do DiverTeo Nadal Ramallosa.

Moi boas de novo familias!

Estes días notamos á rapazada algo máis excitada, mais todo tivo un motivo. A chegada as nosas casas de Papa Noel, Santa Claus ou o Apalpador, non defraudou con tantos agasallos. Nesta semana vimos como os agasallos non son só xoguetes, senón tamén as persoas que nos rodean, así como tamén podemos pedir desexos por Nadal. Os nosos están colgados na entrada do ximnasio nuns calcetíns!

Seguimos a facer xogos nos que o principal acometido é correr, xa que precisamos entrar en calor nestes días dan frioleiros. Aprendemos técnicas para decorar os cristais con pegatinas caseiras as cales tamén podedes ver por aí. E ao final da semana, puxémonos as botas cuns papa noeis de froita que fixemos.

Xa queda pouco para rematar o ano, mais non o DiverTeo aínda nos queda outra semaniña máis! Un saúdooo

Doce Nadal en Calo

Damos comezo ao DiverTeo de Nadal na escola de Calo cunha semana chea de ledicia e armonía.

Nestes días tan fríos houbo tempo para xogar e coñecermos máis entre nos: xogos musicais, xogos predeportivos navideños, xogos de memoria… E tamén nos deu tempo para facer unha postal de Nadal e recibir así a Papá Noel. Ademais, rematamos a semana cunha gran xincana navideña, onde o reno Rodolfo nos puxo a proba para ver quen sabía máis sobre o Nadal: panxoliñas, doces típicos, construción dunha árbore coa natureza…

Neste doce Nadal estivemos acompañados de Manoliño, o noso mono élfico que nos axuda a facer máis máxico estas datas. E ensinounos que o mellor regalo é estar todos xuntos/as!!!

QUEN CHEGOU Á RAMALLOSA?

Moi boas familias!

Benvidas ao DiverTeo Nadal 2024. Iniciamos unha semana moi especial e con moita maxia na ilusión da nosa cativada. A tan próxima chegada de Papa Noel tennos impacientes. Mais, non en todas as casas ven este personaxe, nalgunhas casas de Galicia baixa o Apalpador dende as montañas do Courel. Hoxe estivemos a coñecelo, como é, a súa tradición, limos un conto e deseñamolo nós mesm@s. Tamén estivemos a facer xogos todos e todas para escorrentar o frío, como os monos e as panteiras ou pilla en altura. Seguiremos en contacto para amosarvos todas as novidades. Boas Festas!

Sensibilizando ao alumnado en Sanxenxo

Esta semana do 25 de Novembro, día Internacional Contra a Violencia de Xénero, estivemos percorrendo os os colexios e institutos de Sanxenxo, IES Vilalonga, IES Sanxenxo e o Colexio Plurilingüe Abrente con un punto morado.

Neles repartimos material de sensibilización ao alumnado e realizamos pequenas charlas nas cales falamos coa rapazada sobre o que é un punto morado e que se fai nel, que é a violencia de xénero e cales son os tipos que hai, ademais de como actuar ante un caso de violencia de xénero, tanto se o presencian dende fora como se o viven. Tamén falamos sobre os recursos que existen para vítimas de violencia de xénero (números de información a vítimas, APPs de axuda inmediata, servicios de protección da policía….)

A rapazada estivo moi participativa durante as charlas e foi unha experiencia moi enriquecedora.