25N en Frades

Polo 25N do 2024, o concello de Frades, realizou un Scape Room para poñer en valor a identidade de mulleres importantes da historia de Galicia. O alumnado do CPI Ponte Carreira de 3º de Primaria ata 4º da ESO pasou un tempo entretido ó mesmo que conmemorou o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Por outra banda tamén se repartiu Merchandising entre a cativada.

INTRODUCIÓN Ó ICTUS

O venres 22 de novembro ofreceuse unha charla informativa sobre o ICTUS, unha enfermidade cerebro-vascular no local social do Vedral en Abellá, concello de Frades.

No tratamento do ictus é fundamental tratar de restaurar o fluxo cerebral o antes posible, posto que basta con que pasen poucas hora dende o inicio do ictus para as lesións que se producen sexan irreversibles. Todo isto e mais cousas foron as que se trataron nesta charla para a veciñanza do concello. Asistiron 28 persoas.

SAMAÍN EN ARBO

O 31 de outubro celebrouse no multiusos de Arbo o Samaín para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

Unha festa onde os e as participantes puideron disfrutar do concurso de disfraces, DJ, túnel do terror e moitos xogos.