Moito esforzo nas clases de reforzo de Valga!

Este último mes, os nenos e nenas tiveron moito que estudar xa que as semanas estaban cheas de exames. Ademais de isto seguimos facendo as tarefas diarias e reforzando todos os contidos xa aprendidos. Ademais de isto, estes últimos días estivemos divertíndonos con xogos educativos, como o: “quién  es quién?” onde cos nenos e nenas máis pequenos fortaleceron diferentes parte do corpo e as cores en inglés. Cos máis maiores xogamos : “El primero de la clase” onde repasamos todo o aprendido e ao “Sushi Go” onde potenciamos o cálculo mental.

Dando por finalizado as clases, solo queda desexarvos un bo verán!

MOITO TRABALLAMOS EN MAIO!

Este pasado mes e maio continuamos coas nosas sesións de traballo en Cuntis.

A través de exercicios de diversa índole traballamos distintas habilidades cognoscitivas como poden ser a linguaxe, a comprensión e o cálculo. Tamén aproveitamos as sesións para traballar a percepción espacial, a imaxinación e a concentración.

Entre os exercicios que realizamos atópanse exercicios con palabras (busca de palabras con certa cantidade de letras, reordenar as letras e atopar o nome oculto, nomear elementos dentro dunha categoría establecida…). Estes foron acompañados por exercicios de cálculo e exercicios nos que os participantes debían plasmar nun pape as directrices que ían recibindo.

Como non hai que esquecerse de que con xogos tamén podemos traballas a memoria e levar a cabo estimulación cognoscitiva, o mes de maio tamén dou cabida a algún momento máis relaxado e de xogos. Cunha simple baralla, buscando os iguais nunha mestura de debuxos ou con quebracabezas, tamén se pode exercitar a cachola e en Cuntis puxérono en práctica. Hai opcións  para todos os gustos!

Rematado maio, encaramos con moitas enerxías  a recta final deste curso!

MAIO, MES DE RECORDAR E COÑECER NOVIDADES

Despois das primeiras sesións en Cesures no mes de abril, pouco a pouco, e a medida que vamos notando unha maior soltura nos participantes, incrementamos o nivel dos exercicios, adaptándonos deste xeito ás características dos participantes.

Tamén tivemos sesións que nos serviron para recordar e poñer en común anécdotas, recordos e tradicións da zona. De xeito oral, traballamos a memoria e a expresión oral, ao mesmo tempo que favorecemos a cooperación e a socialización entre todo o grupo.

O mes de maio tamén nos levou a coñecer os sudokus. Traballando en parellas conseguimos comprender o seu funcionamento e resolvelo. De novo logramos dunha actividade que a priori non motivaba nos resúltase un reto divertido e motivador.

Encaramos con enerxía xuño!

OS NOSOS RECORDOS SON A NOSA RIQUEZA!

E como ben indica o título desta noticia… OS NOSOS RECORDOS SON A NOSA RIQUEZA! E diso saben moito en Valga, xa que o mes de maio estivo caracterizado polos numerosos debates que fixemos arredor dos recordos: xoguetes e xogos da infancia, música tradicional de cada época e a escola, entre outros moitos.

Alén do anterior, seguimos traballando o desenvolvemento cognitivo e a memoria a través das seguintes actividades: memoria a longo prazo, adiviñando cancións e cantantes dándolles unha soa frase; pensamento lóxico, razoamento e deducir información, descifrando palabras a través dun código de símbolos e letras; comprensión lectora e memoria, ordenando palabras alfabeticamente; cálculo mental; praxias, escribindo as letras que estaban dadas a volta; e rastreo visual, memorizando unha serie de obxectos que despois tiñan que rodear entre unha morea deles.

Por último, algúns dos xogos que levamos a cabo foron: o bingo das froitas (inventado por nós no momento), no cal traballamos a atención, a rapidez, a escoita e a memoria; o tres en raia, onde traballamos a velocidade de reacción, o pensamento motriz e a intelixencia; as sete diferenzas, co cal potenciamos a agudeza e memoria visual; o pasapalabra, para o desenvolvemento cognitivo, lingüístico e social; e, finalmente, a estrela dos xogos: O TELÉFONO AVARIADO. Sen dúbida, co anterior, pasamos grandes momentos de risas e diversión.