Programas de Conciliación de Nadal do 2023-2024

Os programas de Conciliación son un piar fundamental para todas as familias que por motivos laborais e/ou persoais precisan dun servizo de calidade onde deixar aos menores fora do período escolar. Pero ademais, teñen outra función, que é a de liberar ás mulleres das cargas familiares  (coidado dos fillos) que por tradición recae sobre elas principalmente, e que por desgracia na actualidade, segue pasando.

Por outra banda, o Nadal é unha das épocas favoritas das nenas e dos nenos, son días de ilusión, de celebracións, de achegarse ás familias….e por suposto, de vacacións, polo que os programas ou as actividades de conciliación son fundamentais para todas as familias.

Para as actividades do Nadal 2023-20234 dos Concellos de Arbo, Avión, Dodro, Cuntis, Mesía, Muros, Pontecesures e O Pino, SERVICIOS INTEGRALES DE FORMACIÓN (SIF), elaborou un proxecto lúdico-pedagóxico co nome “NADAL CON IMAXINACIÓN” un proxecto coas que as crianzas desfrutarán das vacacións do Nadal realizando  actividades lúdicas, talleres, e xogos no que as/os participantes poderán divertirse empregando a creatividade e imaxinación como piar fundamental.

Fundamental será tamén a creación de diferentes ambientacións dependendo da festividade do momento (noiteboa, nadal, santos inocentes, fin de ano…) sempre tendo en conta os gustos e as inquedanzas dos/as nenos/as, e no que poderán liberar toda a súa creatividade e imaxinación.

REMATANDO A PRIMEIRA AVALIACIÓN!

Nas últimas semás, no Programa de Reforzo Educativo de Muros, traballamos a fondo poñendo tódolos esforzos na recta final da primeira etapa lectiva; dado que era o momento de poñer en práctica todo o aprendido nos últimos meses (tanto en conceptos académicos como en ferramentas de estudo) para poder facer fronte ó calendario de exames finais.

Durante o proceso de aprendizaxe aténdese sempre ás necesidades educativas e académicas específicas de forma individual, poñendo sempre énfase na importancia da evolución e a mellora fronte a calquera calificación académica.

Unha vez superada esta primeira etapa chegou a hora de descansar e disfrutar das festas do Nadal  para repoñer forzas cara a chegada do novo ano.

BO NADAL!

V Gala do Deporte da Estrada

Este martes 19 de decembro celebrouse a V Gala do Deporte da Estrada onde se lle dou visibilidade ó traballo de moitos deportistas locais coa participación de Terio Carrera e Pepo Suevos.

ACHÉGASE O NADAL A O PINO!

O mes de novembro comezámolo realizando un gato do más curioso… pero xa na segunda semana comezamos a preparar o Nadal para comezar a decorar as nosas aulas e levar para a casa algún adornos!

Que vos parecen? A que quedaron bonitos?

One, two, three,…

Seguimos coas clases de inglés lúdico no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro! Neste mes de Novembro, fixemos un repaso das cores, traballadas o mes pasado, e introducimos un novo contido: os números.

Así, traballamos os números do 1 ao 10 a través de diferentes xogos e actividades, por exemplo: identificándoos mediante tarxetas e asociando cada número co seu nome. Tamén se traballou este contido en relación con cuestións propias da vida de cada neno e nena, como as súas idades, e mediante contos, como o do libro “10 Trim-the-Tree’ers” de Janet Schulman, unha historia que toma lugar na época do Nadal.

Nas imaxes que acompañan a esta noticia podemos ver debuxos realizados polos nenos e nenas, inspirados no conto que lemos, así como diferentes actividades que se foron levando a cabo nas diferentes sesións.