Noelia Míguez no IES de Mos
O alumnado de 3º e 4º de ESO do IES de Mos, puideron participar onte nunha charla a cargo de Noelia Míguez.
O alumnado de 3º e 4º de ESO do IES de Mos, puideron participar onte nunha charla a cargo de Noelia Míguez.
Seguindo coa programación do 25N, no IES de Mos hai unha charla-coloquio as 12 horas impartida por Noelia Míguez onde falará da «Violencia de Xénero» onde exporá o seu caso e tamén fará a presentación do libro «Ocho señales».
En Pontecesures tamén facemos ximnasia. Unha ducia de persoas por sesión, traballaron dende que empezou, a forza a través de circuítos con diferentes exercicios e, por suposto, sempre estirando o rematar.
Para os mais maiores tamén teñen ximnasia adaptada e, como se ve nas imaxes, traballase a flexibilidade a través de estiramentos.
Os nenos e nenas da Aula Concilia do CPI de Xanceda adicaron esta semana e parte da anterior a sumerxirse no mundo contra a violencia de xénero.
Con motivo da conmemoración do 25N, os raparigos desfrutaron de dúas actividades para reivindicarse. Por un lado, botaron a voar a súa imaxinación e fixeron unhas bolboretas con frases en contra da violencia de xénero. Por outro lado, marcaron coas súas mans nunha fermosa árbore que eles mesmos pintaron, que queren vivir sen medo a nada.
Dúas actividades que demostran a súa contraposición a este gran problema e que aprenderon desfrutando coas súas propias mans.
Este novo curso, o Programa de Reforzo Educativo de Muros está conformado por un total de 18 nenos e nenas de diferentes cursos e idades, repartidos en 4 grupos dun máximo de 4 ou 5 persoas cada grupo.
Así, no PREM préstase unha atención individualizada, na que se traballan e reforzan aspectos educativos e académicos. Aténdese e dáse resposta a dificultades nas tarefas lectivas, e foméntanse tamén a interacción e as habilidades sociais a través da realización de xogos e/ou actividades grupais.
O alumnado de 1º a 4º da ESO do CPI Pontecesures, durante esta mañá, participará nunha dinámica grupal dentro das Accións e Actividades de Prevención e Sensibilización coa poboación infanto-Xuvenil, que está a organizar o Concello de Pontecesures. Ditas actividades continuarán o xoves e o sábado xa serán en familia coa lectura do manifesto pola Concelleira de Igualdade Mª Pilar García Díos e a continuación a actuación da Maga «Leo Leiño».
O pasado mes de outubro, comezou de novo o taller de estimulación cognitiva en Cuntis. O primeiro que fixemos foi poñernos ao día despois de meses sen vernos, aproveitando tamén para traballar a memoria máis recente.
Os nosos talleres realízanse da seguinte forma: cada sesión dura hora e media, e nela intentamos facer actividades variadas para entreternos e disfrutar á vez que traballamos e reforzamos a memoria. Todo é posible!
Durante este último mes fixemos varias actividades; xogamos ás cartas, traballamos a lectoescritura, resolvemos xeroglíficos, adiviñanzas e pasapalabras, fixemos quebracabezas, xogamos ao bingo… Tamén un día do pasado mes un grupo de mulleres voluntarias acudimos ao Cuntilín, para falarlles aos nenos e nenas do que significa vivir nunha aldea, para conmemorar o día da Muller rural galega.
Ata aquí vos podo contar, pois o curso acaba de comezar e aínda nos quedan un montón de cousas que facer durante os seguintes meses. Ata a próxima!