QUE DIVERTIDO O NADAL

Que dúas semanas mais entretidas. Manualidades de Nadal, xogos, cociña, festa e diversión que máis se pode pedir nestas datas.  Non houbo día que no saíra a maxia de Nadal en Avión.

LECER NADAL O PINO

Cheo de diversión, creatividade e ilusión estivo este ano Lecer Nadal O Pino.

Entre xogos e manualidades, os pequenos e as pequenas do Pino puideron gozar de festas e visitas especiais.

Fixeron xogos con material reciclado ou adornos do Nadal, pero tamén recibiron a visita do Apalpador, que lles fixo moita ilusión.

Por suposto, tamén contaron coa celebración de fin de ano, onde no canto de uvas tomaron gusanitos, pero na que non faltou de nada!

Feliz Aninovo!

CUNTILÍN NADAL

Un ano máis, Cuntilín  Nadal volveu para pasalo ben durante estas vacacións escolares de inverno. Non tivemos tempo a aburrirnos e realizamos gran variedade de actividades: obradoiros creativos e de reciclaxe nos que creamos un mural, a Rodolfo o Reno,  a Papá Noel e incluso  unha cidade de Nadal de plastilina.

Non faltaron as festas, como a de “Fin de Ano” (con photocall, música e, como non, na cal tomamos as “uvas” ó son das campanadas) e a “Festa de disfraces” coa que despedimos este campamento.

Pero hai que destacar que unha das actividades preferidas dos nenos e nenas foi un obradoiro de cociña, no que elaboramos unhas casiñas con galletas de xenxibre , que quedaron moi bonitas, pero ademais estaban deliciosas!

Con moita  ilusión escribiron a carta ós Reis Magos de Oriente, non só pedíndolle cousas materiais senón tamén algún que outro desexo importante para estos tempos nos que nos atopamos.

Os contos e os xogos foron tamén parte imprescindible para desfrutar destas datas.

Ata  aquí o máis salientable destos días. Ata a próxima!

O APALPADOR NO CAMPAMENTO DE ARBO

Os nenos e nenas do campamento tiveron unha visita que non se esperaban, a do APALPADOR. 

Coñeceron a súa historia, cantaron e bailaron con el, e puideron pasear no seu burro.

Cómo recompensa o polo ven co fixeron, agasallounos cunha árbore.

UN NADAL CHEO DE RETOS: FACÉMOLO?

En estas vacacións o Campamento de Nadal de Muros foi un auténtico desafío para a cativada. Sí, sí, unha aventura desafíante para cada día da cal nin que dicir ten que saíron ben airosos/as. Baixo o lema “aquí facémolo nós mesmos/as” non houbo reto que se lles resistira; entre xogos e dinámicas sempre atopaban un momentiño para achegarse ó recuncho de Nadal e de aí xa poderedes ver que lles saíu de todo, con moito esmero e sobre todo alegría e diversión foron aparecendo adornos para as súas árbores, pandeiretas, petos, renos bailaríns, magdalenas de chocolate, xogos de bolos, de encestar, un “memory”… E non nos podemos esquecer de que non quixeron deixar ós Reis Magos sen agasallo, de xeito moi especial déronlle forma a unha estrela propia pola que as súas maxestades se poderán guiar e chegar a cada casa.

Familias, non o dubidedes e botádelle un vistazo a todo o que foron quen de facer os/as vosos/as nenos/as!

Un saúdo e ata a próxima!

Campamento Nadal Pontecesures

Comezamos con esta ludoteca o día 26 de decembro que durou ata o 4 de xaneiro. Durante estes días festivo os cativos e cativas puideron disfrutar de distintas actividades tematizadas co Nadal e os contos.

Algunhas das manualidades que realizaron foron os elfos e os Santa Claus, bolas de Nadal, postais, a Carta aos Reis Magos, bonecos de neve, coroas de Fin de Ano, mans violetas, chapas pola igualdade e moitas máis que xa sabedes porque as tendes xa nas bosas casas.

Tamén levamos a cabo actividades deportivas como xogos que lle gustaron moito a cativada como o Pato pato cúa, escondite Inglés, a seta, as estatuas musicais, as sillas, o pilla pilla e outras non tan deportivas como os xogos de mesa como o hipopótamo, monos e o 4 enliña ou a plastilina.

Asimesmo gorazon de diversos contos como “Maruxa”, “As princesas tamén se tiran peidos” e “Corre corre cabaciña” e de películas como “Polar Express”.

Como non podía faltar tivemos varias caídas tanto o mirador do Pino Manso, como a ver o Apalpador na paza de xunto a igrexa o último día ou outra que foi a saída o parque que esta xunta o concello.

Para despedir o ano, reproducimos as badaladas de Fin de Ano con gusanitos e divertímonos cunha festa musical chea de bailes e xogos. 

Esperamos que teñades un bo comezo de ano e cás vosas crianzas disfrutaran destes días connosco.

Un saúdo.

UN GRAN CAMPA DE NADAL

Coooomo nos divertimos no Campamento de Nadal de Mesía deste ano. Fixemos taantas cousas.  Empezamos por montar a nosa propia árbore de Nadal coas nosas mans para logo colgala na entrada. Tamén fixemos cociña, uns nevadiños e unhas empanadillas que nos saíron para chuparse os dedos!!. Tivemos unha gran  festa de fin  de ano onde, despois de decorar o noso vaso para comer as uvas,  fixemos as badaladas e brindamos con champán!!!!  Adornamos unha vela e fixemos xogos tan divertidos como  o de “Faros e barcos” ou o, xa mítico, xogo da “Bomba”. Por ultimo os rapaces de Mesía despedimos os campamentos con unha gran festa… BO NADAAAL!!!

INICIO INTENSO DO CONCILIA NADAL DE DODRO!

Comezamos o Concilia Nadal dando a benvida os nenos e nenas, durante esta semana puidemos desfrutar de diferente xogos, manualidades, visualizacións de cortos de Nadal e da lectura. Para rematar a semana fixemos a nosa propia despedida do ano e tomamos as nosas doce “uvas” e cantando e bailando moito. Bo inicio de ano a todos!