Xincana de corresponsabilidade

Este venres 25 estivemos no CEIP Atin Cela de Mos co alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria. Os próximos días visitaremos o resto do alumnado dos diferentes coles do Concello de Mos.

A corresponsabilidade é un obxectivo imprescindible para a igualdade entre mulleres e homes por iso por medio do xogo, neste caso dunha xincana, tentamos que as nenas e nenos se impliquen nas tarefas.

Quen dixo medo!!!

Non hai WhatsApp, nin Google, nin YouTube que se resista. Estamos na era das novas tecnoloxías e o Concello de Arbo tamén. Xa poden mandar mensaxes, fotos e chamar e tamén buscar información na rede e pedir citas médicas. Non importa a idade o importante e aprender e liquidar dúbidas e medos. 

O 31 de Novembro celebrouse en Arbo o Samaín.

Comezaba o día con obradoiros varios: Decoración de cabazas onde os participantes puideron decorar a súa; cociña terrorífica onde fixeron unas momias e una ataúdes que despois puideron degustar e por último o obradoiro de pintacaras no que cada participante escolleu a súa personaxe preferida para pintarse.

Xa pola tarde disfrutaron dunha festa con xogos, animación, concurso de disfraces e merenda terrorífica.