TALLER DE COCIÑA TERRORÍFICO!

O pasado venres 28, con motivo da celebración do Samaín , no taller de cociña elaboramos uns marabillosos pan pizzas de momia e tamén unhas tenebrosas tumbas. Para ambas preparacións utilizamos como base o pan de molde, e nos seguintes pasos fomos engadindo os ingredientes que nos faltaban, e colocándoos de maneira moi tenebrosa.

CELEBRANDO O SAMAÍN

Leo Leiño fixo disfrutar a tope a rapazada dos coles de Mesía. Á primeira hora, estiveron facendo maxia no CPI de Xanceda, fixeron que a profe de lingua non soubera ler e que unha calabera ou unha vasoira voaran. Na unitaria de Visantoña, despois de disfrutar dunha rica merenda grazas á ANPA, estas magas tamén nos fixeron rir e sorprendernos pintando un libro en branco só coa mente ou gardaron todos os nosos soños nunha bolsa para que se cumpliran.

Taller de Ciencia

O pasado Sábado 15 de Outubro, debido a celebración da semana da ciencia en Cuntis, levouse a cabo un taller de ciencia onde traballamos dous tipos de actividades. Por un lado, creamos o noso micro ecosistema sostible en vertedoiros de vidro. E por outra parte, realizamos diversos experimentos cos que observamos distintas reaccións químicas. UNHA MARABILLOSA MANEIRA DE APRENDER A TRAVÉS DO XOGO!

Xornada de Voluntariado en Mos

O concello de Mos organizou unha “Xornada de voluntariado” para persoas de 16 anos en diante.

O obxectivo desta xornada era unir o concepto de voluntariado e de igualdade. Déronse a coñecer os recursos e ferramentas que todos temos para poder afrontar calquera tipo de violencia.

Mediante casos prácticos e xogos as/os participantes puideron observar casos de violencia que poden pasar desapercibidos no noso día a día.

Tamén deron a coñecer o funcionamento dos Puntos lilas e como se pode formar parte deles.