FRADES VIAXA A NAVARRA

Cheo de entretemento e historia estivo esta viaxe a Navarra que fixeron os veciños de Frades.

Visitas a lugares como A Catedral de Pamplona, o Palacio Real de Olite, o Castelo de Javier ou o Mosteiro de Leyre permitiulles facer un pouco de historia e coñecer mellor outra parte do camiño de Santiago. Mesmo puideron gozar dalgún dos pasacalles de xigantes tradicionais de San Fermín Txiquito, festa coa que, por sorte, coincidiron.

Por suposto non faltou a degustación da gastronomía do lugar, acompañada, como non, polos viños da terra.

Seguro que a máis dun e dunha non lle importaría volver pronto.

COMEZA UN NOVO CURSO DE MADRUGADORES

O pasado 8 de setembro, e xa con total normalidade, comezou un novo curso escolar e, por tanto, un novo ano dos programas de conciliación de Madrugadores que desenvolve Servicios Integrales de Formación S.L.

Con ditos programas as familias poden conciliar a súa vida laboral co coidado das crianzas a primeira hora da mañá mediante unha alternativa de ocio nos momentos anteriores á entrada no centro escolar.

Toca de novo madrugar!!, pero con tempo para xogar, divertirse e desenvolver unha serie de actividades lúdicas e dinámicas que as crianzas poderán compartir cos compañeiros e compañeiras. Bo curso para todas e todos!!