EN MUROS TEMOS SUPERPODERES!!

Que non o cres??

Sí, sí, incrible pero certo, tal como estades lendo, fomos quen de con un simple xornal facer o noso propio papel, o cal logo decoramos con unha pintura en 3D elaborada por nós mesmos/as.

E non tan só iso se non que tamén transformamos uns tarros de barro totalmente estragados nunhas fermosísimas macetas que aproveitamos para realizar a nosa horta persoal, de onde, con un pouquiño de auga e moitos agarimos, de seguro medrarán unhas marabillosas fabas.

E todo isto sen deixar de divertirnos con xogos, bailes, xincanas, música e moita troula….

Ata a vindeira amigos/as!!

Conciliamos en Semana Santa

Na xornada de hoxe deron comezo os Campamentos de Semana Santa nos Concellos de Arbo, O Pino, Mesía e Muros. O obxectivo dos mesmos é axudar ás familias a conciliar a vida laboral e persoal neste período de vacacións escolares.

Nesta ocasión coa temática «EcoPrimavera» as crianzas coñecerán o desenvolvemento sostible e sensibilizaranse co medio ambiente a través de xogos, obradoiros, xincanas…