8M2021
8M, unha data para recordar a alianza das mulleres na consecucións dos dereitos propios, para visibilizar a tantas referentes que nos precederon e para reinvindicar a necesidade de segur a traballar na construción dunha sociedade igualitaria libre de condutas e prexuízos sexistas.
MARZO EN TEO MADRUGA
Entramos nun novo mes en Teo, marzo, mes que nos levará á primavera, unha das nosas estacións favoritas pola luz, as cores, e a explosión de vida na natureza.
Destacamos a continuación algunhas das actividades que desenvolveremos neste mes de moita ilusión e cor:
- Día mundial da Natureza (3 marzo)
queremos fomentar o respecto e a conservación da natureza, o medio ambiente que nos rodea (centrado na fauna e na flora). Se a coñecemos ben, será moito mais fácil coidala, recordade que “se a coidamos, coidamos o presente e o noso futuro”.
E TI, QUE FAS EN MARZO?
EN MADRUGADORXS PEDROUZOS TÉMOLO MOI CLARO
Aihhh!!!amigas e amigos de Madrugadorxs Pedrouzos comezamos novo mes e por non variar chega cargadiño, cargadiño de novidades e de cousas a facer. Que aínda que estemos en plena pandemia e haxa que superar obstáculos e barreiras non queremos que iso nos frene en seguir realizando actividades porque con sentidiño, responsabilidade e cumplindo as normas case todo se pode facer.
Peroooo antes de nada, queremos convidarvos a todos e a todos que lle botedes un ollo ao video no que traballou a cativada do servizo para festexar o “21 de Febreiro Día Internacional da Lingua Materna” vale a pena gozar e ver o gran traballo que fixeron. ANIMÁDEVOS!
Agora siiii,metémonos de cheo no mes de Marzo.
Así esperamos Marzo en Madrugadorxs O Pino
E aquí chega outro mes mais, no que empeza a primavera e tráenos a alegría, as flores e moitas outras cousas dignas de mencionar e celebrar. Este tamén é un mes de cor e alegría, e ao redor diso van ir orientadas as nosas actividades.
Entre outros moitos días podemos destacar algúns como estes:
- 1 de Marzo – O primeiro día que nos atopamos é o Día da Cero Discriminación, para o cal dedicaremos a semana para entender que significa discriminación e por que debemos evitala, empregando para iso actividades adaptadas e colaborativas (sempre no posible cumprindo co protocolo Covid-19)
- 8 de Marzo – Día Internacional da Muller. Un día moi, moi importante ao que pretendemos dedicarlle unha atención especial. Aínda en tempo de pandemia e sen reunións, pódesenos escoitar se alzamos o suficiente a voz.
- 20 de Marzo – Día Internacional da Felicidade e inicio da Primavera. Soa ben, verdade? Pois aquí gustounos tanto que o celebramos cada día que pasa! Con todo, algo máis ocorrerállenos para ser un pouquiño máis felices, sobre todo tendo a primavera encima!
Por suposto, e como sempre, Madrugadorxs O Pino pretende seguir sendo un recuncho onde compartir, ser creativos e pasar un intre divertido e agradable con toda a seguridade.