O NADAL REGRESA Á MEMORIA

Ó longo do mes de decembro, os participantes dos obradoiros de memoria de Cuntis, realizamos diferentes actividades lúdicas e formativas, entre as cales se atopan os xogos de mesa ou a creación de diversas e orixinais historias mediante a escritura creativa. 

Ademais, e posto que non podemos esquecer as datas nas que nos atopamos, ó longo da última semana, celebramos a festa de despedida do ano 2019, na cal puidemos disfrutar de bebidas e doces típicos do Nadal. 

QUE O RITMO NON PARE!!

No Taller de Escolaridade no Concello de Dodro non paramos!! Que se tarefas de clase por aquí, que se exames por alá,…!! Pero de cando en vez tamén sacamos un pouco de tempo para decorar a Casa da Cultura con motivo do Samaín, superar antigos retos e por suposto para xogar e aprender cousas diferentes!

Nestes días alumnas de cuarto de primaria retomaron algún que outro antigo reto que se resistía ( un quebracabezas de “ Ratatouille”); reto que conseguiron superalo con éxito e por iso sentímonos moi orgullosos e orgullosas!! Outros alumnos animáronse a probar con outro quebracabezas, neste caso de “Os Simpson” e traballando en equipo tamén conseguiron acabalo. Un aplauso para todos elas e eles!!

Sorprendente foi tamén a aparición dunha “Bolsa Misteriosa” que escondía obxectos cotiáns que o alumnado tiña que palpar, adiviñar e logo describir sen nomealos para que o resto das compañeiras e compañeiros descubrisen de que obxecto tratábase. Non podemos negar que pasamos un bo intre nunha tarde chuviosa practicando a expresión oral coa “Bolsa Misteriosa”.

Aínda por riba o noso calendario do mes de novembro lembrounos unhas cantas datas importantes: os aniversarios de dous dos nosos alumnos, o Día Universal do Neno e a Nena (20N) e o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N).

Con motivo do 25N fixemos as nosas tartarugas que representan aos personaxes do conto «Artur e Clementina» de Adela Turin e ilustrado por Nella Bosnia. Trátase dunha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade. E por suposto tivemos unha charla debate ao respecto despois de procer á súa lectura.

Non sabemos que cousas novas traeranos o inverno pero irémosvolas contando!!

Semana contra a Violencia de Xénero en Dodro

Durante a semana do 25 de novembro, o Concello de Dodro, tivo diferentes actividades para todos os públicos.

O luns 25 de novembro ás 13.00 horas tivo lugar, no concello un acto institucional. Ás 20.00 horas, conversas con Juan Fuentes no CPI E. L. Baleirón.

O martes 26, no Centro de Día, dinámica para as persoas usuarias.

O mércores 27, os rapaces e rapazas de 7 a 12 anos tiveron unha saída ao cine a Vilagarcía.

O xoves 28, dinámica para o alumnado da Escola Infantil.

Venres 29, contacontos para o alumnado dos CRA (Bexo, Chenlo, Vigo e Lestrove).

Sábado 30, I Andaina contra a violencia de xénero.

O 2 e o 4  de decembro, Curso de Autodefensa para mulleres ante situación violentas.

No CPI Pontecarreira

No Concello de Frades, estivemos co alumnado do CPI Ponte Carreira.

O luns 2 de decembro, cunha xincana pola igualdade para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e unha sesión expositiva «A perspectiva de xénero na linguaxe cinematográfica» para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

O martes 3 de decembro co alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria co contacontos «Carapuchiña de cores» e unha dinámica.