Nadal en O Porriño
Unha vez acabado o campamento de Nadal no Porriño, só queda mirar cara atrás e ver o ben que nolo pasamos entre xogos e manualidades. Ademais, non faltaron a festa de Fin de ano coas súas campás, nin a festa de Reyes coa súa enchente habitual. E para acabar ao grande fómonos de excursión a Valga a ver o seu precioso belén.
CUNTILÍN NADAL
Estas datas deron para moito… Descansamos dos estudos e divertímosnos con gran variedade de actividades. Entre as máis destacables foron as saídas: fomos ver un espectáculo de maxia “Leo, Leíño” na Biblioteca Municipal, onde o pasamos moi ben. Realizamos unha visita a Correos, para asegurarnos de que as nosas cartas foran enviadas a tempo ós Reis Magos. Ademáis fomos ó parque, aproveitando que non choveu durante este nadal. E como última saída visitamos o espectacular “Belén” de Valga.
Tamén recibimos algunha que outra visita no Cuntilín, coma a do Apalpador, que nos veu a contar a súa historia.
Por outro lado, creamos un mural de nadal e diferentes obradoiros de decoración: árbores de nadal, carta a Papá Noel, renos, un taller de atuendos de fin de ano, etc.
Non faltou un taller de cociña, no que elaboramos unhas deliciosas magdalenas.
E rematamos “Cuntilín Nadal” cunha festa de despedida destas mini vacacións, con xogos, merenda e música…
CONCILIA NADAL EN DODRO
Estas vacacións de nadal fixéronse moi curtas para nenos e nenas de Dodro, con todas as actividades que se levaron a cabo no Concilia Nadal. Comezaron o primeiro día coa visita do Apalpador, quen a través de un entretido contacontos lles foi ensinando a súa historia.
Visitaron o Belén de Valga, onde non perderon detalle de todas as escenas que alí se representan. Coa actuación “Dúas Pícaras Ourensás” desfrutaron da música e o baile, ademais de recibir algún que outro agasallo de mans dos artistas. Aproveitaron para comer as súas propias uvas de fin de ano, montando unha pequena festa con chuches, xogos, música e moito baile…
Na saída a pista de xeo a Santiago (da que desfrutaron os participantes maiores de sete anos) pasárono en grande, a pesar do frío; aínda que houbo moitas caídas, só causaron risas e diversión.
Xa no último día, visitaron o Centro de Día de Dodro. Alí ensináronlle como era o lugar, escoitaron vellas historias dos maiores, fixeron a súa actuación cantándolle varias panxoliñas populares as que os maiores tamén ían respondendo coas súas ,entregáronlle un pequeno agasallo feito por eles mesmos, uns pequenos xabóns de distintas cores, e tamén recibiron un detalliño feito polos maiores do centro.
E despois de todo isto, a repoñer forzas para comezar o novo ano!
Lecer Nadal O Pino
Ola familias!
Outro ano mais temos o Lecer Nadal con moita actividade e xogos. Xogos con pelota, con música, xogos de mesa, plastilina e pintar / colorear.
Divertímonos con talleres facendo un mural co motivo da árbore do Nadal pintado coas propias mans.
Por suposto que non puido faltar o Papá Noel que o fixemos móbil e outro caendo pola cheminea.
Para fin de ano elaboraron unhas máscaras para podelas poñer mentres comemos as 12 folerpas de millo e o tempo escoitando as badaladas.
Tampouco puideron faltar os regalos que fixemos primeiro debuxándoos, despois coloreándoos e finalmente pegámoslles boliñas de papel de cores e algodón.
Como se portaron tan ben, escribímoslles unha carta os Reis Magos, como os máis pequenos aínda non saben escribir, debuxaron o que lles pediron e rematando a carta colorearon os Reis Magos.
O último día do campamento, fixemos unha festa de despedida, picando lambetadas, bailando e xogando.
Despedímonos moi tristes, xa que ninguén quería que rematase, pero a despedida será só ata que volvamos a coincidir.
Moitas gracias familias.