«O Concello de Valga di SI ao respecto e NON ás violencias machistas»

A propia cidadanía do concello de Valga, representada a través de diferentes grupos poboacionais, tomou voz e protagonismo na realización do audiovisual reivindicativo Road, o ruxido, (canción de Katy Perry); onde baixo o lema « O Concello de Valga di SI ao respecto e NON ás violencias machistas», as persoas participantes tiveron a oportunidade unirse, de xeito voluntario, para manifestar de forma artística e visual, a necesidade de expresar de maneira colectiva o firme compromiso de rexeitamento contra calquera forma de violencia machista.

Gancho solidario

O Concello de Dodro, acometeu, un ano máis, o compromiso municipal de rexeitar esta lacra social; mantendo unha actitude non pasiva; promovendo accións de condena que impliquen á cidadanía. Mans que se unen, de forma visible, participativa e pública, para entrelazar, de xeito real e metafórico, cadeas simbólicas que mostren o activismo e a solidaridade de tantas persoas que se conectan para crear redes humanas, sociais e institucionais; facendo visible a necesidade de establecer canles sólidas de apoio e tecer un obxectivo  común, excluír da nosa sociedade, todo acto de violencia machista.

Quentando motores

Os Talleres de Memoria para Adultos do Concello de Cuntis tiveron inicio o pasado 1 de Outubro, realizando un “tour turístico” polo territorio, visitando as escolas onde se ían levar a cabo (algunhas con unhas vistas privilexiadas).

Esa mesma semana comezou a rutina das clases, sendo a prioridade coñecerse a través de dinámicas de presentación. Ademais, o monitor tentou obter información sobre o que as/os participantes máis destacaban de edicións anteriores deste tipo de talleres, tratando de adaptarse o mellor posible ao seu ritmo.

Unha vez os primeiros pasos estaban dados, a dinámica da clase estruturouse de maneira que se dividira o tempo dun xeito apropiado entre exercicios individuais, para poñer en práctica as capacidades propias de cada individuo; e xogos grupais, que estimulen tamén as diferentes áreas cognitivas dun xeito máis lúdico e divertido.

Así transcorreu o primeiro mes dos talleres de memoria, creando un espazo onde cada participante poida mellorar ou evitar o deterioro das súas capacidades intelectuais á vez que se divirte e socializa co seu entorno máis próximo.