Final do curso de conservas
Hoxe rematou o curso de conservas do Concello de Dodro. Foron só dúas tardes pero xornadas moi intensas na que se aprendeu pero tamén se disfrutou.
Curso de conservas en Dodro
Onte foi o primeiro día do curso de conservas, vémonos para o sábado 24 de 16:30 a 19:30 horas no local social de Imo.
Xornada de Intercambio
As persoas participantes nos Talleres de Memoria e Alfabetización de Adultos do Concello de Dodro, disfrutaron este venres da II Xornada de Intercambio xunto co alumnado de Meis.
Pola mañá, tivemos a oportunidade de falar sobre a actividade que desenvolven nas aulas, de presentar a realidade de ambos concello, etc.
A continuación, visitaron xuntos os lugares máis emblemáticos do municipio dodrense.
Xa para rematar, que mellor forma de facelo que compartir xantar, e sobre todo compartir moita música e moito baile.
Un día diferente e intenso de intercambio de experiencias.
Xornada de Intercambio entre Dodro e Meis
Preparando a xornada de intercambio entre os Talleres de Memoria e Alfabetización de adultos do Concello de Dodro e Meis.