Cociña e Arte floral

En maio e xuño estanse a impartir unhas sesións de cociña, repostería, e arte floral en diferentes parroquias do Concello de Padrón.

Repostería: 25 de maio en Pazos, 1 de xuño en Cruces, 2 de xuño en Extramundi, 5 de xuño en Carcacía e o 7 de xuño en Angueira de Suso.

Arte floral: 25 de maio en Pazos, 26 de maio en Padrón, 29 de maio en Carcacía e 14 de xuño en Angueira de Suso.

VIII Campus Deportivo de Verán Concello da Estrada 2017

Hoxe presentouse no Concello da Estrada o VIII Campus Deportivo de Verán Concello da Estrada 2017.

A actividade está dirixida para nenos e nenas de 5 a 15 anos de idade nun horario de 10 a 14 horas durante os meses de xullo e agosto.

No campus deportivo poderán disfrutar de actividades como fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, natación, tenis, ciclismo e xogos de iniciación para os máis pequenos .

As inscricións a partir do xoves 1 de xuño no departamento de estatística (Planta baixa) do Concello da Estrada.

CARTEL