Conta final para poñer en marcha todos os programas de conciliación do verán

Maña, venres 1 de xullo, empezan todas as actividades do período vacacional de verán, a oportunidade de gozar do seu tempo libre e ocio autotélico, con actividades lúdico – educativas que fomenten o desenvolvemento de hábitos de diversión creativa.

  • Escola de Verán de Dodro. Xullo e Agosto de 9:30 a 13:30 horas.
  • Ludoteca de Caldas. Xullo e Agosto de 9:00 a 14:00 horas.
  • Escola de Verán de O Pino. Xullo, Agosto e Setembro ata o inicio escolar de 9:00 a 14:00 horas.
  • Campamento de Verán de Melide. Do 27 de Xuño ao 12 de Agosto de 8:45 a 14:15 horas.
  • Campamento de Verán de Vilagarcía de Arousa. Xullo e Agosto de 9:00 a 14:00 horas (ata as 15.00 h aqueles nenos e nenas inscritos no servizo de comedor).
  • Campus Deportivo de Ordes. Xullo de 10:00 a 14:00 horas.
  • Campus Deportivo de A Estrada. Xullo e Agosto de 10:00 a 14:00 horas.

Final do Taller de Alfabetización e Memoria de Dodro

O venres pasado, 17 de xuño,  chegaron ó seu fin os Talleres de Alfabetización e Memoria de Dodro que se estiveron levando a cabo dende o mes de outubro. Esta festa de clausura estivo chea de risas, sorpresas e moitas emocións e cada participante non marchou sen levar o seu diploma, pero toda festa que se premie non pode rematar sen probar uns pinchiños e sen contar uns contiños. Agora toca espera ata outubro para volver a clase.

IMG_20160617_175718 IMG_20160617_180055 IMG_20160617_182505 IMG_20160617_182612 IMG_20160617_182619

Teatro, reciclaxe e debuxo

Esta semana en Calo estamos a preparar pequenas obras de teatro para facer con marionetas.

Pouco a pouco, en grupos ou individualmente, están a crear historias que desenvolverán na súa totalidade (personaxes, diálogos, creación de marionetas, decorados…).

image1

Na recta final do curso estes rapaces de Pedrouzos aínda teñen ganas de traballar. Así e que esta semana con simplemente uns tapóns de plástico fixeron bichiños e debuxos que lle quedaron xenial.

20160606_09110820160606_092632 20160608_084522 20160608_084530

Taller de Costura Medieval

Onte comezaron en Padrón un Taller de Costura Medieval para que na próxima Feira Medieval se poidan lucir os traxes feitos polas nosas mans. O taller será os sábados 11, 18 e 25 de xuño e 2 de xullo. Esta actividade é GRATUITA.

taller de costura3

Chegou o verán!!!

E tanto que chegou. Os nenos e nenas de Pedrouzos prepararon un mural representando a praia, que xa lle vai apetecendo. Ademais divertíronse e ríronse a mais non poder xogando ás carreiras e ás imitacións.

En Calo, facendo unha pausa do teatro, adicamos esta semana aos xogos favoritos dos nenos e nenas. Moitos foron os xogos: brilé, polis e cacos, pilla… bonecos, xogos de mesa…, moita variedade e diversión.