A actividade pinCela chegou ó seu fin

Remata o mes de maio polo tanto tamen a actividade pinCela os venres en Padrón. Ó longo destes catro venres do mes, os máis pequenos e pequenas da casa, poideron coñecer algunhas obras de Camilo José Cela por medio de obradoiros e xogos.

 

 

Despedimos maio nos coles

En esta semana deixaron voar a sua imaxinacion en Pedrouzos, resultando uns debuxos ben particulares.

Ao longo desta semana representamos as pequenas obras de Teatro de Sombras que crearon os nenos e nenas de Calo. Foron catro historias, algunhas máis longas, outras menos, pero que traballaron eles ao cen por cen. Noraboa a todo e todas.

thumb_IMG_8774_1024

Sombras e monicreques

Esta semana en Calo tocou «Teatro de sombras». Fixemos diversos grupos de traballo, e logo de ver un pequeno exemplo deste teatro, cada grupo está elaborando a súa pequena obra.

Estamos polo tanto a crear historias, personaxes….., é dicir, creatividade ao máximo; os resultados  poderedes velos a vindeira semana.

 

Hai que ver como se divertiron estes días os nenos e nenas de Pedrouzos facendo monicreques de man e dedo; con solo cartolina e papel conseguiron cousiñas ben simpáticas.

A semana pasada…

Como se achega este día tan importante na nosa comunidade, en Pedrouzos comezaron a elaborar un mural no que van a reflexar unha morea de palabras galegas.

Esta semana en Calo continuamos cos xogos de teatro.

Por grupos representaron diferentes accións (un día de excursión, voando no avión…), imitaron diferentes animais…e todo con mímica. Tamén, como exercicio memorístico, fixemos o teléfono estropeado pero cun conto curto.

Camilo José Cela

Hoxe conmemórase o centenario do nacemento de Camilo José Cela. Para que os máis pequenos e pequenas poidan coñecer a súa obra, hai preparados obradoiros e xogos durante todos os venres do mes de maio. Os actividades están abertas a todos e todas aquelas que se acerquen a Rúa Tetuán (en fronte ao parque infantil) entre as 18:30 e as 20:30 horas.

Os venres pinCela en Padrón

Tamén podedes sacar unha foto no photocall, recreando unha das imaxes do escritor.

8972_1   IMG-20160506-WA0000

O TEATRO CHEGA A TEO MADRUGA

Nos meses de maio e xuño achegaremos aos nenos e nenas ao derradeiro elemento das artes creativas, o teatro.

O teatro abre aos nenos e nenas as portas cara á creación, á interpretación, e estimula a imaxinación, todo iso dun xeito divertido. Tamén axuda na memorización, a asimilar nocións de espazo e tempo, aumenta a sensibilidade, espontaneidade, desenvolve a linguaxe corporal e as capacidades de auto expresión e creación.