Todo o bo remata!

Todo o bo remata, e onte ás 9 da noite ramatou a saída a Ávila e Segovia para os de Frades.

Viaxe de tres días no que tiveron tempo para visitar lugares con historia e tamén degustar productos típicos desa zona.

 

Paseo pola danza

Ao longo desta semana fixemos un pequeno Paseo pola danza, descubrindo a través de diferentes vídeos estilos como: clásica, moderna, folclóricas (irlandesa), tradicional galega, salsa, danza árabe e street dance. Disfrutaron bastante con todos os exemplos.

Tamén aproveitamos pequenos tempos de xogo para coñecer e practicar os seguintes xogos tradicionais: boliche, mikado, canicas, chapas, yo-yo e peonza.

thumb_IMG_8601_1024 thumb_IMG_8605_1024 thumb_IMG_8613_1024

Semana de Danzas do Mundo en Calo.

Esta semana coñecemos músicas típicas de varias zonas (Rusia, Sáhara, India e Nova Zelanda). Como non tivemos moito tempo para preparar unha danza, traballamos dinámicas de improvisación e expresión corporal.
Os pequenos e pequenas nesta ocasión preferiron a música e baile de Mamá Cabra.
image1-8 image2-7 image3-6