POP ART

Esta semana en Calo os nenos e nenas descubriron o Pop art, primeiro vimos varios exemplos, e a continuación fixeron a súa pequena obra. Colorearon e «tunearon» as súas propias caras impresas en blanco e negro, os resultados foron do máis orixinal.

Día da Muller en Dodro

O Concello de Dodro celebrou o pasado venres o Día Internacional da Muller.

Unha xornada na que se homenaxeou a cinco mulleres voluntarias do concello que, de xeito desinteresado, colaboran ofrecendo o seu tempo, en diversas actividades municipais.

Ademais, Isabel Risco, amenizou o acto en clave de humor, poñendo en valor o papel relevante da muller, da muller galega, ao longo da historia.