Campamento de Verán de Portas

REMATE DUN VERÁN DIFERENTE

Este verán cheo de incertidumbres e cambios na nosa vida chega ao seu fin e con él tamén remata a Ludoteca de Portas 2020. Esta última semana estivemos centrados na creación dos preparativos da nosa cerimonia de clausura das Olimpíadas. Así, creamos as nosas propias medallas e incluso un pódium olímpico que servirá como base para a entrega de premios deste último luns. Estamos entusiasmados/as!

Ademais, estes días tamén tivemos a oportunidade de sumerxirnos en dúas búsquedas do tesouro para demostrar que somos os más rápidos e hábiles en superar calqueira tipo de proba. Tamén pasámolo en grande na festa da auga que poñía a guinda final a este verán. Moitas gracias ao camión de bombeiros por facelo posible!

Seguindo a liña de igualdade que levamos traballando durante todo o verán, contiunuamos a aprender sobre os xogos paralímpicos e puidemos desputar o noso propio partido de goalball (ou fútbol para cegos), a verdade é que foi máis difícil do que pensabamos.

Con moita pena despedímonos deste verán tan especial da ludoteca e de todos os amigos e amigas que nela fixemos. Iso si, este último luns ven cargado de sorpresas.

Como despedida final, os monitores deste ano, Albano e Iria, queremos mandar unha aperta enorme a todos os nenos e nenas que estiveron con nós estes meses. Esperamos que teñades un curso marabilloso. Grazas por este verán e vémonos no seguinte.

OS XOGOS PARALÍMPICOS CHEGAN A PORTAS

Coa entrada da segunda quenda de agosto chegaron ao pavillón de Portas os Xogos Paralímpicos. Esta semana coñecimos as dificultades que teñen algunhas persoas e decidimos experimentalas de primeira man.

Comezamos creando o noso propio logo das paralimpiadas (igual que fixeramos cos Xogos Olímpicos) e, a partir de ahí, aprendimos sobre os distintos deportes desta competición: cos ollos vendados e coa axudas dun compañeiro/a como guía, fixemos as nosas propias carreiras para cegos; sentados nunha silla xogamos ao boccia, unha modalidade parecida á petanca e tamén puidimos xogar ao volei sentado.

Ademais, como xa queda pouco para rematar, esta semana decidimos crear o noso taboleiro de puntuacións cos nomes dos nosos países. Cada día conseguimos diferentes puntos: quen será o gañador final? Tamén fixemos unha gymkana na que puxemos en práctica todas as nosas habilidades cos deportes que practicaramos nas Olimpiadas.

A semana que vén promete ser todavía mellor ca esta, pero mentres non chega seguiremos poñendo en práctica as nosas habilidades na casa.
Vémonos!

Unha semana máxica en Portas.

Unha semana máis as Olimpíadas chegan á ludoteca de Portas. Esta vez foi o turno de Adriana Martín, Úrsula Ruíz e Eli Pinedo, as seguintes protagonistas do noso paseo da fama. Grazas a elas, como fío condutor, demostramos que temos unha gran puntería para disputar nunha competición de alto nivel de tiro con arco, que somos os máis fortes en lanzamento de peso e que combinando estas destrezas non hai quen nos gañe en balonmán, e, coma sempre, aprendemos a crear os nosos propios materiais empregando elementos reciclados para así poder realizar as nosas propias competicións.

Ademais, tamén tivemos a sorte de desfrutar dunha actuación de maxia da man do mago Pedro Bugarín. Aínda estamos coas bocas abertas e non paramos de pensar «Como é posible facer iso?», dende logo do que non temos ningunha dúbida é de que a maxia realmente existe.

Pouco a pouco imos chegando ó final deste verán tan diferente, pero aínda temos moito que facer! Que tocará a próxima semana? Vémonos!

Rumbo á medalla olímpica en Portas.

Comeza agosto en Portas e nós seguimos coa idea de que xogando pódense aprender moitas cousas! Esta semana falamos das deportistas Ruth Beitia, Estela García e Carolina Marín, e demostramos que ás carreiras non temos rival, aínda que…o salto de altura e o bádminton costáronnos un pouquiño máis, pola contra non queríamos deixar de practicar! Pouco a pouco o noso paseo da fama vai sendo cada vez máis longo.

Ademais, estes días, seguindo na liña do tradicional, tivemos a oportunidade de crear as nosas propias chapas con materiais reciclados e fixemos a nosa propia competición nun torneo con diferentes tipos de xogos, cantas veces se retaron uns países a outros!

E…como en calquera Olimpíada que se prece, tamén creamos a nosa propia mascota: Monstruito. A verdade é que non lle falta detalle.

Por outra banda, estes días tivemos a sorte de recibir a visita do equipo Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Coa axuda de María aprendemos todo o que hai que saber sobre a compostaxe e demostramos que somos uns auténticos expertos e expertas no tema co xogo da miñoca.

Cada vez estamos máis preto de conseguir as nosas medallas.

Que nos deparará a semana que vén?

Portas 2020: Un verán diferente

Aínda que este ano tornouse diferente e fixo que, por seguridade, tivésemos que mudar a nosa forma de vida, un verán máis reunímonos en Portas para desfrutar, coma sempre e coma nunca, destes dous meses de sol e calor.

Cada mañá o pavillón municipal acolle a distintos nenos e nenas do Concello que chegan coas pilas ben cargadas despois de varios meses de encerro na casa. Así, tras desinfectar ben as mans e os pés e sen despegarnos da nosa amiga a mascarilla, pasamos as horas entre talleres e xogos de todo tipo baixo a liña temática das “Olimpíadas populares”. Quen di que non se pode aprender mentres xogamos? Durante esta segunda quenda de xullo aprendimos sobre as Olimpíadas e os seus símbolos máis representativos e incluso creamos os nosos propios países para poder participar! É incríble todas as alianzas que se formaron durante estes días!

Ademáis, practicamos distintos deportes sen esquecer nunca a igualdade entre homes e mulleres. Por iso, cada día falábamos dalgunhas das mellores mulleres dos deportes que practicabamos. Agora xa podemos dicir sen medo a equivocarnos quen é Ana Peleterio, Laia Palau ou Sabina Asenjo, entre outras.

Tamén tivemos tempo para xogar ós diferentes xogos populares propios da nosa cultura e ata de crear o noso propio material. Aprendimos a reciclar os obxectos que temos pola casa utilizando botellas usadas para crear os nosos propios bolos, ou tapóns para facer un taller de chapas.

Sen dúbida, foron uns días marabillosos e o mellor de todo é que aínda nos queda un mes máis por diante. Que levante a man quen teña moitas moitas ganas de empezar!