Escola de Verán O Pino

COMBATENDO A CALOR NO PINO

Aínda que este verán non nos está deixando demasiados días de calor, os que nos dá, veñen fortes! E como o arranxamos na escola de verán do Pino? Pois con auga! con moita auga!

Ademais das nosas actividades habituais, xogos e investigacións para axudar ao noso amigo Benji e nosa amiga Ramira Holmes a resolver os seus casos, puidemos refrescarnos cunha batería de xogos de auga super divertidos, que acabou, como non podía ser doutra forma, nunha guerra de auga encarnizada onde non se salvou de acabar empapado nin Benji Holmes! que pasaba por alí… e aínda que ninguén o viu, mollouse igual!!

Mañá seguramente alguén utilice o ocorrido esta semana e prepare un guión para unha das nosas novas actividades diarias, as obras de teatro! Cada día podemos gozar dunha representación diferente a cargo das e dos participantes da escola. Pode haber algo máis creativo?

Ah! esquecíaseme! O caso que tiñamos agora entre mans implicaba a unha pantasma…. unha travesa que estábanos a facer trasnadas!!

Un día amarrounos todos os suadoiros xuntos, outro día amontoounos as mochilas na porta do pavillón… un desastre!

Pero as nosas persoiñas favoritas da escola de verán, axudando a Benji e Ramira, lograron atrapala e que deixase de molestar.

Creo que para a próxima quenda xa nos teñen preparado outro caso… que será?

REMATA O MES DE XULLO NO PINO

E con el deixamos atrás unha infinidade de actividades que foron a alegría da rapazada.

Coñecemos a Benji Holmes, un simpático detective que, xunto co seu irmán Ramiro, investigan casos súper importantes para os que nos pediron axuda.

Pero antes diso fixéronnos pasar por unha serie de probas para determinar se somos bos e boas detectives! Pasámolas toditas, aprendemos técnicas de investigación, códigos secretos, que necesita unha persoa para ser bo detective…  e conseguimos a nosa credencial de detectives, así que empezamos a axudarlles cuns casos que os traían tolos.

Desta forma atopamos o diamante máxico que roubou o bruxo pirujo e rescatamos ao gato da tía Maruxa.

Pero non todo ía ser traballo! Entre caso e caso, tempo para saír de excursión, xogar con auga, participar en xincanas, facer murais… mesmo puidemos ir visitar aos bombeiros! ensináronnos o que fai un bombeiro forestal e o importante que é, quedamos encantados, porque aprendemos moitísimo e ata nos deixaron usar a mangueira!

Foi moi interesante, pero o que máis nos gustou, sen dúbida, foi a festa de auga que nos montaron despois!

O noso enorme agradecemento a ese tremendo equipo que nos ensinou tanto con tanta paciencia e simpatía, e sobre todo por ese marabilloso labor que realizan.

E para rematar, o día 24 foi o aniversario do noso compañeiro Manuel, e tanto el como a súa familia quixeron agasallarnos cunha gran festa de aniversario na que non faltou de nada! Grazas!

Pero isto non é todo… na escola de verán do Pino seguimos investigando, aínda quedan casos que resolver e estamos á espera de que Benji e Ramiro Holmes contáctennos de novo.

Ata a próxima!

EMPEZOU A ESCOLA DE VERÁN DO PINO!!

Xa hai dúas semanas que está en marcha a escola de verán do Pino, un ano máis, fomentando a conciliación cun espazo lúdico-educativo para toda a rapazada do concello.

Como sempre, a escola de verán do Pino estará chea de actividades, xogos, manualidades, paseos… e sobre todo, moita diversión.

Feliz Verán!