Campus Deportivo de A Estrada

Despedimos o XI Campus Deportivo de A Estrada celebrando a valentía dos nosos cativos e cativas!

Vimos de vivir a última xornada do Campus na Praia Fluvial de Liñares onde  realizamos diferentes xogos e unha competición moi especial na cal todos e todas demostraron as súas destrezas e habilidades para conseguir que o seu equipo gañase a competición. Os máis atrevidos tamén aproveitaron os raios de sol para darse un chapuzón. Moito riron e desfrutaron durante toda a mañá e aproveitárona ao máximo, xa que eran conscientes de que se remataba. As protagonistas durante toda a xornada foron as caras de felicidade mezcladas con miradas de tristeza porque tocaba despedirse. 

Foi difícil comezar e adaptarse este verán á nova normalidade, un verán diferente, normas diferentes, xogos diferentes, convivencia diferente… Cantos cambios e cantas normas, pero eles e elas foron capaces con valentía e forza de afrontalo e de desfrutar do verán a pesar das circunstancias.

Grazas a cada participante por facelo tan ben e por axudarnos a que todo saise o mellor posible, sodes uns valentes!

E como se suele dicir… para o ano máis e mellor!

Comezamos unha nova semana no Campus Deportivo de A Estrada!

“Os nenos precisan a liberdade e o tempo para xogar. Xogar non é un luxo, é unha necesidade”

Despois do mal tempo da semana pasada por fin Lorenzo  nos acompaña para poder desfrutar da piscina e das actividades ao aire libre. Xa queda menos para rematar este verán tan atípico así que esta semana toca aproveitala a tope.

Durante toda esta quincena os máis cativos  e cativas xogaron a algúns dos xogos tradicionais, como por exemplo, os zancos, a corda, a goma, o xogo do pano,  a zapatilla por detrás…Algún deles xa eran coñecidos por moitos, pero para outros foron grandes descubrimentos. Que ben o pasaron e cantas risas se botaron entre xogo e xogo, rematando as xornadas cansados pero moi contentos e felices.

Pronto volveremos con máis novidades!

No Campus deportivo de A Estrada dámoslle a benvida a agosto e con el a unha nova quincena!

«Ser un neno, é vivir entre soños e xogos sen saber onde rematan uns e comezan outros»

Comezamos esta quincena con moitas ganas na que os nosos cativos e cativas seguen a desfrutar de cada actividade. Esta semana o bo tempo non nos acompaña e a choiva será a protagonista, asique deixamos de lado por uns días as actividades ao aire libre, e realizarémolas dentro dos pavillóns.

Hoxe falaremos do colpbol, un deporte de invasión que ten como finalidade introducir o balón na portería contraria, pero coa dificultade de que o balón non se agarra, só pode ser golpeado con calquera parte superior do corpo. O único que podería darlle co pé ao balón sería o porteiro dentro da zona da área. A dificultade e as risas están aseguradas, xa que o noso corpo ten como costume en canto ve un balón darlle co pé ou agarralo coa man, e controlarse para non cometer faltas non é tarefa fácil para os nosos rapaces. Este ano practícano eso sí, adaptándose ás novas normas para evitar o contacto e con distancia, pero con sentidiño e facendo as cousas ben podemos desfrutar igualmente de cada actividade.

Seguiremos informando…Estade atentos!

“Non penses só no que podes facer para mellorar ti, pensa tamén no que podes facer para que os teus compañeiros de equipo melloren”

Esta semana no Campus Deportivo de A Estrada comezamos con mal tempo pero coas mesmas gañas de desfrutar da última semana desta quenda. Pero aínda que o tempo non nolo poña fácil seguiremos co mesmo obxectivo que é marchar para casa moi cansos despois de desfrutar e pasalo xenial.

Esta semana falaremos do kinball, un deporte que practican os nosos cativos e cativas durante todo o verán no Campus. Un deporte por equipos no que cada equipo escolle unha cor, e deben estar formados por mulleres e homes, algo que o convirte nun deporte que fomenta a igualdade dentro do campo de xogo. O obxectivo do xogo é tirar o balón para que un dos outros equipos, cuxa cor debe indicarse antes de lanzar, trate de impedir que toque o chan. O balón pode tocarse con calquera parte do corpo e poden movelo por todo o campo ata o lugar que escollan para facer o seguinte lanzamento. Con este deporte están moi atentos durante todo o partido, xa que calquera momento de despiste pode ser bo para que os equipos contrarios fagan puntos.

Como podedes comprobar o mal tempo non é un impedimento para que non disfrutemos do noso Campus deportivo, iremos informando das próximas novas, estade atentos!

No Campus deportivo de A Estrada dámoslle a benvida ao mes de agosto e con el a benvida a unha nova quenda.

“O éxito é a suma de pequenos esforzos repetidos día a día”

Os nosos pequenos seguen a desfrutar moito de cada actividade que realizan. Calquera dos deportes que practican é unha boa excusa para pasalo ben cos seus compañeiros e compañeiras. Tenis, fútbol, baloncesto, bádminton, ping pong, béisbol, balonmán, colpbol, kinball, entre outros, son algunhas das actividades que temos a sorte de poder practicar no Campus. Cada participante está a aprender a traballar en equipo e a participar activamente nas actividades sendo conscientes de que o máis importante é desfrutar e aprender que sempre se gaña sexa cal sexa o resultado. E aínda que a veces non sexa fácil para eles e elas, esfórzanse moito cada día para mellorar e seguir aprendendo de cada actividade.

Queda unha longa semana por diante na que os nosos cativos e cativas poderán aproveitar a piscina ao máximo xa que Lorenzo seguirá a ser o protagonista nas nosas xornadas do Campus!

“As dificultades desaparecen cando se afrontan con valentía”

Rematando a segunda quincena os nosos pequenos e pequenas veñen de pasalo moi ben. As mañás son máis amenas con estes maravillosos días de sol que estamos a pasar, un verán no que estamos aproveitando ao máximo as horas na piscina con infinidade de xogos e actividades acuáticas. Sen olvidarnos eso si do resto de deportes que practicamos nos que este ano temos unha pequena novidade para os máis maiores, xa que os adentramos no marabilloso mundo do Ping-Pong. Un deporte que lles axuda a mellorar a capacidade e o tempo de reacción, a coordinación ollo- man, a concentración e a memoria. Todo esto sen olvidarnos do noso obxetivo final en todas as actividades que realizan, que é desfrutar e pásalo xenial cos compañeiros. Eso si cumplindo todas as normas de seguridade e prevención neste verán tan atípico, no que a pesar das circunstancias estamos aprendendo un montón da valentía e tenacidade dos nosos rapaces e rapazas.

Seguiremos informando para a próxima quincena…estade moi atentos!

Toca aprender a xogar; toca aprender a relacionarnos; toca aprender a convivir…Toca aprender a adaptarse á nova normalidade!

Este ano é un ano diferente para todos nós e para os nosos pequenos, un ano cheo de apredizaxe e adaptación a unha situación difícil. Pero eso non vai a impedir que o pasemos xenial e que disfrutemos deste verán tan atípico.

O que si que non vai a cambiar no Campus Deportivo de A Estrada, son as nosas actividades e deportes, adaptándonos como non, á nova normalidade. A pesar das circunstancias os nosos rapaces e rapazas disfrutan moito de cada actividade, e como non ía a ser menos o seu momento favorito sigue sendo os xogos na piscina.

Este ano temos a sorte de ter entre os nosos monitores a Antía García Silva, unha campeona do mundo do salvamento que xunto con dous compañeiros do Club Acuático Umia mostraron aos nosos rapaces algúns detalles e experiencias sobre este deporte. Tamén puideron probar eles mesmos as diferentes sensacións dentro da auga con epis e manequíns de arrastre. Foi unha xornada interesante e moi divertida para todos.

Hai que destacar a valentía dos nosos nenos e nenas que cumpliron as normas como uns grandes campións durante toda esta quincena!

Seguiremos informando con máis novas próximamente…