Campampento Urbano de Vilagarcía de Arousa

Os misterios da Vila Olímpica

Esta semana, no Campamento Urbano Multiaventuras de Vilagarcía de Arousa, seguimos cas nosas particulares olimpíadas, onde aconteceron unha serie de  misteriosos sucesos que precisaron unha investigación chea de emocións.

No remate da semana pasada, as nenas e os nenos do campamento tiveron que resolver o misterio da desaparición do facho olímpico, seguindo unha serie de pistas, descifrando códigos secretos, adiviñanzas e poñendo a proba as súas habilidades físicas, que fixeron posible a aparición da chama olímpica. Tras resolver o misterio puidemos continuar a celebración das probas deportivas, obradoiro de manualidades e xogos xestuais.

No transcurso da semana, tamén contamos ca visita dun conta contos que nos abraiou cas súas historias, facendo que nos mergullásemos dentro delas.

Xa no remate da semana, un novo misterio asolou o campamento, a desaparición dun personaxe olímpico, que finalmente foi resolto grazas a astucia das/os nosas/os deportistas, dando pé a un novo obradoiro de manualidades.

Os xogos olímpicos voltan a Vilagarcía

Comezamos nesta quincena cheas e cheos de enerxía, unha nova quenda no Campamento Urbano Multiaventuras de Vilagarcía de Arousa, cos nosos propios Xogos Olímpicos.

Nesta nova edición das Olimpíadas, realizada nas instalacións do CPR Sagrada Familia Filipense, as nenas e os nenos formaron dous equipos representando o seu propio país, para o cal elixiron os nomes “Amía” e “Lluviosa”, creando a súa propia danza e a súa bandeira. Ditos “países” enfrontáronse nunha serie de probas olímpicas entre as cales podemos destacar: lanzamento de avións, carreira de relevos, bádminton, baloncesto, voleibol, batalla de baile, limbo… Tamén “acendemos” a nosa antorcha olímpica, a través da creación individual da mesma.

Os Xogos Olímpicos chegan a Vilagarcía.

Esta semana no Campamento Urbano Multiaventuras de Vilagarcía de Arousa as nenas e os nenos participaron nos seus propios Xogos Olímpicos. Estes Xogos consistiron nunha serie de actividades lúdicas que se desenvolveron ao aire libre e na nosa aula no Auditorio. Ao longo da semana puidemos desfrutar de xinkanas, carreiras de relevos, xogos populares como o pano, a bomba, o escondite inglés e director/a de orquestra entre outras. Tamén fixemos xogos de palabras, ruleta de preguntas, pictionary, adiviñanzas, bailes… todo isto sen esquencerse da creación da nosa propia mascota olímpica con materiais reciclados, facendo fincapé na importancia de coidar o noso planeta.