Campamento de Verán de Nigrán

Rematou o Campamento de Nigrán 2020.

Este ano debido ás circunstancias sanitarias; fixemos un campamento con protocolo Covid; pero iso non quita que lle puxeramos todas as ganas e ilusión para que os nenos e nenas estivesen contentos/as. Aproveitamos a praia tanto a da Madorra como Panxón; o parque enfronte do pavillón; as pistas de tenis e o propio pavillón. Todo iso envolto coas mais estritas medidas de seguridade e hixiene. Tentando na medida do posible que se esquecesen do coronavirus. Quizais non foi o mellor campamento porque non puidemos xuntarnos; quizais non foi o mellor campamento porque non puidemos tocarnos; quizais non foi o mellor campamento porque non puidemos interactuar; tal vez; pero sabede que todo o que fixemos foi con agarimo; profesionalidade e moito amor. Grazas Nigrán; grazas pais e nais; e sobre todo grazas nenos e nenas por querer estar connosco e desfrutar.