Entradas

Punto final «De mi puño y letra»

O 10 de xuño rematou o programa “De mi puño y letra”. Programa deseñado para o Día da Muller onde 32 mulleres de Dodro e outras de Alberite (A Rioxa) intercambiaron experiencias da súa vida a través de cartas. Cartas que nos facían reflexionar sobre a igualdade e o papel visible da muller na sociedade. Este luns as mulleres de Alberite visitaron Dodro onde as esperaban as perfectas anfitrioas que lle ensinaron diferentes lugares do concello rematando a xornada cun xantar.

Xornada de Mulleres de Melide

Un total de 60 mulleres do Concello de Melide, participaron na xornada da muller onte sábado 25 de marzo.

Neste día combináronse sesións formativas e lúdicas; así como a realización de veladas e xogos de distensión.

Unha xornada para aprender, descubrir, compartir, desconectar, disfrutar e sobre todo sorrir.

Tecendo un mundo

“Tecendo un mundo” programa desenvolvido no CPI de Pontecesures con motivo do Día Internacional da Muller. O alumnado aportou unha tea diferente e que se uniron facendo un tapiz por aula. Con esta metáfora quíxose falar da importancia de unirse e contemplar a diversidade para defender que a igualdade de oportunidades se constrúe a través do recoñecemento da pluralidade.

Os distintos tapices estarán expostos na Casa Consistorial ata finais de mes e despois voltarán ás aulas onde se crearon.

Día Internacional da muller

Que é ser muller? pretende, a través da mirada infantil, homenaxear as mulleres do Concello de Dodro, dende o recoñecemento da pluralidade e a diversidade; poñendo en valor o papel fundamental que están a desenvolver neste momento da historia.

Tecendo un mundo

Infantil e primaria do CPI de Pontecesures participaron hoxe nunha actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller. O resultado foi a elaboración dun tapiz común, formado a través de teas de diversas cores, texturas e estampados, etc. De forma creativa, esta metáfora, móstranos a importancia de unirnos, aínda coas nosas diferenzas, para defender a igualdade de oportunidades e que a unidade se forma a través do recoñecemento da pluralidade.

Retratos de Muller

Retratos de Muller, pretende, a través da mirada infantil, homenaxear ás mulleres do Concello de O Pino, dende o recoñecemento da pluralidade e a diversidade; emprazando ao propio alumnado a reflexionar e referir, sobre o papel que xogan os mulleres no desenvolvemento da propia comunidade. Dende hoxe ata final de mes pódese visitar dita exposición no Centro Sociocultural Luís Seoane (Arca). O venres 10 elixirase unha proposta gañadora en función aos seguintes niveis: Educación infantil, 1º-2º- 3º de Educación Primaria, 4º-5º-6º de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.