Entradas

Alá vai Marzo!

Se a segunda quincena do mes de febreiro estivo marcada polo proceso de presentación e adaptación ás características individuais de cada participante, este mes de marzo estivo marcado polas actividades que se realizaron para seguir estimulando a cognición e a memoria.

Nas sesións levadas a cabo durante este mes, amais de realizar diferentes actividades, creamos un espazo onde cada persoa poida mellorar ou evitar o deterioro das súas capacidades cognitivas á vez que se divirte e socializa coa súa contorna.

Finalmente, algunhas das actividades que levamos a cabo foron: o pasapalabra, para traballar a comprensión e expresión oral, así como a memoria; un bingo cos nomes do participantes; adiviñanzase mémori, para traballar a memoria e atención e o tutti frutti, onde traballamos o vocabulario, rapidez e axilidade mental e a concentración.

Clases de reforzo en Valga!

O pasado 19 de febreiro deuse comezo a unha clases de reforzo para os nenos e nenas de Valga de luns a venres. A tarde dividiuse en dúas franxas horarias, unha primeira de 4 a 5 na cal acoden os nenos e nenas de menor idade e outra franxa , de 5 a 7 dedicada os nenos e nenas de maior idade.

Nestas clases o alumnado preparou exames e realizou as tarefas diarias que deben facer na  casa. Ademais diariamente reforzamos aqueles contidos que lle resultan máis complexos a cada neno ou nena.

Con motivo do día internacional da muller o venres 15 de marzo, xuntámonos ambos grupos e coa axuda de Beti a bibliotecaria do auditorio e do concello tivemos a sorte de realizar a lectura colectiva do libro “Cuando las niñas vuelan alto”  e compartimos o que aprendemos ou reforzamos sobre as mulleres na sociedade e dos pasos que nos quedan por dar para conseguir a igualdade.

Coa avaliación do segundo trimestre realizada, só nos queda traballar moito para seguir acadando bos resultados! 

COMEZARON OS OBRADOIROS DE MEMORIA NO CONCELLO DE VALGA

O martes 20 de febreiro deron comezo, tanto no CODI coma no Auditorio Municipal de Valga, os obradoiros de estimulación cognitiva organizados polo concello coa intención de contribuír ao envellecemento activo das persoas maiores e ofrecerlles alternativas de socialización.

Un total de trinta e dúas persoas gozarán destes obradoiros, dirixidos, na súa meirande parte, a maiores de sesenta e cinco anos; aínda que tamén asisten participantes de menor idade.

Estes obradoiros, impartidos todos os martes en horario de mañá, estenderanse ata o mes de xuño. Neles, tratarase de frear o deterioro cognoscitivo a través de exercicios e xogos que contribúan a estimular e adestrar a parte cognitiva e, deste xeito, colaborar para obter un maior benestar e calidade de vida dos participantes.

No mes de febreiro leváronse a cabo dúas sesións e, na primeira destas, recibiron a visita do alcalde e os seus concelleiros, os cales animaron aos asistentes a seguir participando tanto nesta actividade como naquel outras que leve a cabo o concello, especialmente as destinadas a este sector da poboación. Amais, traballouse arredor de actividades como son as dinámicas de presentación, as palabras encadeadas e ordenar letras para crear palabras.

Na segunda sesión crearon unha historia inventada conxuntamente, a cal debían recordar para responder posteriormente ás cuestións formuladas sobre a mesma. Do mesmo xeito, memorizaron palabras que logo tiñan que escribir, adiviñaron cancións e deletrearon palabras á inversa.

Finalmente, cómpre destacar que, en ditos obradoiros, traballarase o desenvolvemento cognitivo dunha forma lúdica e sempre tendo en conta os intereses e necesidades dos participantes, adaptándose ao ritmo de cada un e promovendo a colaboración entre todos e todas.

BENVIDO VERÁN!

Benvido verán 2021, que ganas tíñamos de que chegases!

Despois dun duro curso académico, marcado sen dúbida pola  covid-19, queremos desfrutar do tempo libre máis que nunca. Aínda que seguimos en pandemia, e as medidas hixiénico-sanitarias seguen sendo moi estritas (en canto a lavado de mans, uso de máscara e distancia de seguridade) queremos pasalo ben e xogar cos nosos amigos e amigas!

Por iso, ao longo dos meses de verán, levaremos a cabo as actividades de Conciliación nos concellos de A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis, Valga, Arbo, Nigrán, Mesía, Muros, O Pino, e Dodro.

Leer más

8M2021

8M, unha data para recordar a alianza das mulleres na consecucións dos dereitos propios, para visibilizar a tantas referentes que nos precederon e para reinvindicar a necesidade de segur a traballar na construción dunha sociedade igualitaria libre de condutas e prexuízos sexistas.

«Valga leva nome de muller»

O 8 de marzo está á volta da esquina pero a pandemia non nós vai frear a homenaxe ás mulleres de Valga.

«Valga leva nome de muller» propón visibilizar o papel da muller no desenvolvemento da propia comunidade.

Para participar deberá presentar unha obra en formato libre (poema, fotografía, relato, audivisual, retrato,…) que homenaxee a unha muller valquesa e sinalar por que dita muller merece dito recoñecemento.

Todos estes traballos formarán parte dunha exposición.

Hai de prazo ato o 1 de marzo do 2021.

Se queres coñecer algo máis, só tes que entrar na páxína do Concello de Valga.

Audiovisual en contra das violencias machistas

O Concello de Valga, contou con todos os grupos de poboación para elaborar un audiovisual en contra das violencias machistas.

Para lograr o resultado final, traballouse durante moito tempo con todos os grupos participantes. Foron sesións moi minuciosas cos distintos colectivos, fíxose moito incapé no motivo e obxectivo do devandito traballo, facer chegar a toda a poboación de Valga o mensaxe IGUALDADE, TOLERANCIA, RESPECTO E REXEITAMENTO DAS VIOLENCIAS MACHISTAS.