Entradas

PUNTO LILA NAS FESTAS DE PADRÓN

Durante a celebración das festas de Santiaguiño e Asnot  o Concello de Padrón contou connosco para instalar un PUNTO LILA, lugar onde se informa, axuda e proporciónase os mecanismos necesarios en caso de sufrir algún tipo de malos tratos, para poder poñer as medidas oportunas; tamén recibimos a todas aquelas persoas interesadas en recibir información e asesoramento. O horario foi moi amplo de 22:00 a 03:00.

Reis Magos en época de COVID-19

Non se poden celebrar estas datas como se quixera pero os nenos e nenas de Padrón non poden quedar sen pedirlle o seu agasallo ós Reis Magos.

Está todo listo para que pasen a visitar ó seu rei favorito de forma individual ou ben por unidade familiar.

25NOV – Día Internacional contra a Violencia de Xénero

SIF dedicou toda a semana pasada a actividades relacionadas co 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero.

No Concello de Pontecesures, no C. P. I. Pontecesures, vimos que os nenos e as nenas temos que ser educados e educadas en igualdade. Por iso temos que saber que aínda que hai compañeiros e compañeiras que non lles guste o mesmo que a nos, ou que visten diferente, ou que din cousas distintas a nós, que iso é bo e non nos podemos enfadar por iso, e temos que festexar que o noso mundo e moi chulo porque ten moitas cousas diferentes que nos fan ser mellores.

Estas actividades cerráronse o 25 de novembro cun acto institucional e lectura do manifesto en contra da violencia machista.

En O Pino, no C. P. I. Camiño de Santiago, vimos que tamén se pode aprender moito dos contos e das películas.

O segredo de Flora ofreceu unha reflexión sobre a identificación e o manexo das emocións, encontrando formas de combater a violencia en calquera das súas manifestacións.

A través da análise de diferentes fragmentos de Billy Elliot, abordouse temas clave como o establecemento de roles e estereotipos de xénero na infancia, a aceptación da diversidade, a regulación emocional, a resolución de conflitos, etc.

Tamén se tratou a perspectiva de xénero na linguaxe cinematográfica e influencia dos mitos do amor romántico na configuración de relacións desiguais na adolescencia, a través do comentario e debate la película «A tres metros sobre el cielo».

En Melide, levouse a cabo o 24 de novembro unha xornada «Maxia pola Igualdade» para o alumnado de primaria dos tres centros. O acto, dividido nunha parte institucional (coa participación do alumnado e as autoridades locais) e outra lúdica.

No Concello de Cuntis, traballouse cos pais e coas nais a importancia da coeducación como prevención da violencia de xénero pero tamén cxs nenxs mais cativxs co conto “Nin un bico á forza” e máis maiores unha sesión expositiva sobre os roles e estereotipos de xénero.

En Dodro coordinouse un flashmob reivindicativo: NON ME PARES AGORA no que colaborou parte da veciñanza e un monolito: As pedras falan de igualdade dando conta da necesidade de acadar colectivamente «novas creacións e escenarios» no camiño da igualdade de oportunidades.

Coa Mancomunidade de Ordes colaborouse na campaña de difusión contra o acoso nas redes sociais.

E por último, os concellos de Padrón, Rois e Dodro; realizaron colectivamente o acto institucional en Conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A iniciativa comezou coa lectura do manifesto que representa o compromiso  municipal en contra desta lacra social.