Entradas

PUNTO LILA EN FRADES

Este domingo día 26 foi a primeira das 3 xornadas informativas polo 8M, Día Internacional da Muller,  previstas en Frades.

Nesta ocasión estivemos co punto lila en Ponte Carreira, onde, ademais de informar acerca deste día, fixemos entrega duns agasallos ofrecidos polo concello.

Proximamente poderemos atopar o punto lila en Abellá, o día 3 de Marzo, e novamente en Ponte Carreira, o 12 de Marzo.

FRADES VIAXA A NAVARRA

Cheo de entretemento e historia estivo esta viaxe a Navarra que fixeron os veciños de Frades.

Visitas a lugares como A Catedral de Pamplona, o Palacio Real de Olite, o Castelo de Javier ou o Mosteiro de Leyre permitiulles facer un pouco de historia e coñecer mellor outra parte do camiño de Santiago. Mesmo puideron gozar dalgún dos pasacalles de xigantes tradicionais de San Fermín Txiquito, festa coa que, por sorte, coincidiron.

Por suposto non faltou a degustación da gastronomía do lugar, acompañada, como non, polos viños da terra.

Seguro que a máis dun e dunha non lle importaría volver pronto.

8M2021

8M, unha data para recordar a alianza das mulleres na consecucións dos dereitos propios, para visibilizar a tantas referentes que nos precederon e para reinvindicar a necesidade de segur a traballar na construción dunha sociedade igualitaria libre de condutas e prexuízos sexistas.

«TODO ESTA NA NOSA MAN»

No Concello de Frades este ano unimos o 8 de marzo co 25 de novembro. A comunidade escolar participou para nun concurso para buscar un slogan e o gañador foi a base da campaña levada a cabo durante todo o mes de novembro. A campaña levada a cabo englobou a todos os sectores de poboación, cada segmento poboacional tivo o seu articulo adaptado a eles. Cartelería, adhesivos, camisetas, mochilas, bolsas, argolas teléfono, pancartas… ata os recunchos máis escondidos recibiron a mensaxe TODO ESTA NA NOSA MAN.

No CPI Pontecarreira

No Concello de Frades, estivemos co alumnado do CPI Ponte Carreira.

O luns 2 de decembro, cunha xincana pola igualdade para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e unha sesión expositiva «A perspectiva de xénero na linguaxe cinematográfica» para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

O martes 3 de decembro co alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria co contacontos «Carapuchiña de cores» e unha dinámica.

Xabóns artesanais

Hoxe venres 26 de abril, tivo lugar no multiusos de Frades un taller de xabóns artesanais. As asistentes, mais de vinte, non só aprenderon a elaborar xabóns senón que tamén como empaquetalos para facer algún que outro agasallo.