Entradas

CONCILIA NADAL EN DODRO

O pasado 22 de decembro, deuse comezo na Casa Cultura de Dodro o programa de Concilia Nadal, do cal participaron 18 nenos e nenas. Durante estas dúas semanas de vacacións tivemos tempo a realizar diferentes actividades e manualidades. Comezamos o primeiro día con diferentes xogos de presentación para deixar a vergoña e coñecernos entre nós.

Durante os resto de días potenciamos a creatividade realizando diferentes cousiñas baseadas na temática do nadal, como creación

dun mural de benvida, de postais, adornos de nadal para a árbore, títeres, cotillón para celebrar a festa de fin de ano, etc. Tamén experimentamos diferentes texturas realizando bonecos de neve con bicarbonato e auga e creando unas “galletas” con arcilla. E celebramos o fin de ano e por suposto tamén a despedida ado Concilia con unhas festas moi divertidas.

Ademais o día 4, tivemos unha saída a ver aos nosos maiores do Centro de Día, onde se levou a cabo un intercambio de panxoliñas, os maiores ensináronos os que eles tiñan preparados e o nos cantámoslle os que nos levabamos preparando durante estes días e por suposto cantamos xuntos. E como marca a tradición tamén houbo un intercambio de aguinaldos entre os nosos nenos e nenas e as persoas maiores.

¡BO ANO FAMILIA!

Programas de Conciliación de Nadal do 2023-2024

Os programas de Conciliación son un piar fundamental para todas as familias que por motivos laborais e/ou persoais precisan dun servizo de calidade onde deixar aos menores fora do período escolar. Pero ademais, teñen outra función, que é a de liberar ás mulleres das cargas familiares  (coidado dos fillos) que por tradición recae sobre elas principalmente, e que por desgracia na actualidade, segue pasando.

Por outra banda, o Nadal é unha das épocas favoritas das nenas e dos nenos, son días de ilusión, de celebracións, de achegarse ás familias….e por suposto, de vacacións, polo que os programas ou as actividades de conciliación son fundamentais para todas as familias.

Para as actividades do Nadal 2023-20234 dos Concellos de Arbo, Avión, Dodro, Cuntis, Mesía, Muros, Pontecesures e O Pino, SERVICIOS INTEGRALES DE FORMACIÓN (SIF), elaborou un proxecto lúdico-pedagóxico co nome “NADAL CON IMAXINACIÓN” un proxecto coas que as crianzas desfrutarán das vacacións do Nadal realizando  actividades lúdicas, talleres, e xogos no que as/os participantes poderán divertirse empregando a creatividade e imaxinación como piar fundamental.

Fundamental será tamén a creación de diferentes ambientacións dependendo da festividade do momento (noiteboa, nadal, santos inocentes, fin de ano…) sempre tendo en conta os gustos e as inquedanzas dos/as nenos/as, e no que poderán liberar toda a súa creatividade e imaxinación.

INICIO INTENSO DO CONCILIA NADAL DE DODRO!

Comezamos o Concilia Nadal dando a benvida os nenos e nenas, durante esta semana puidemos desfrutar de diferente xogos, manualidades, visualizacións de cortos de Nadal e da lectura. Para rematar a semana fixemos a nosa propia despedida do ano e tomamos as nosas doce “uvas” e cantando e bailando moito. Bo inicio de ano a todos!

RECUNCHOS DE NADAL

SIF inicia dende hoxe, un ano mais, a súa proposta lúdica e pedagóxica para os programas de conciliación dos Concellos de Arbo, Avión, Cuntis, Dodro, Mesía, Muros, O Pino e Pontecesures. 

Coa mesma ilusión de sempre, as crianzas coñecerán e xogarán nos “Recunchos de Nadal”, espazos de aprendizaxe e diversión dedicados á música, ás tradicións, aos personaxes, aos doces e aos obradoiros de Nadal.

As mañás destas vacacións de Nadal converteranse polo tanto, nun tempo para o enriquecemento da aprendizaxe das crianzas dun xeito dinámico, lúdico e participativo, co obxectivo de axudar na conciliación ás familias que o precisen.

BENVIDO VERÁN!

Benvido verán 2021, que ganas tíñamos de que chegases!

Despois dun duro curso académico, marcado sen dúbida pola  covid-19, queremos desfrutar do tempo libre máis que nunca. Aínda que seguimos en pandemia, e as medidas hixiénico-sanitarias seguen sendo moi estritas (en canto a lavado de mans, uso de máscara e distancia de seguridade) queremos pasalo ben e xogar cos nosos amigos e amigas!

Por iso, ao longo dos meses de verán, levaremos a cabo as actividades de Conciliación nos concellos de A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis, Valga, Arbo, Nigrán, Mesía, Muros, O Pino, e Dodro.

Leer más

SEMANA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Non concello de Dodro celebramos a SEMANA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
Ao longo da semana do 18 ao 25 de novembro, fixéronse actividades e material para todos os tramos de idades. Fíxose unha distribución de máscaras e de contos nos centros escolares.
O sábado celebramos a II Andaina cunha boa participación da poboación. O percorrido estaba infestado de frases como as da imaxe en contra da violencia de xénero.
A semana terminou co acto institucional e presentación do calendario igualitario.

COMEZAMOS UN CURSO MÁIS NO TALLER DE ESCOLARIDADE DO CONCELLO DE DODRO.

Voltamos un curso máis coas enerxías renovadas despois do parón que nos obrigou a tomar o COVID-19. Tomando todas as precaucións sanitarias recomendadas de limpeza, ventilación, hixiene, aforo,… seguimos realizando as tarefas escolares diarias e  outras  actividades de reforzo para poñernos ao día con todo o que quedou pendente do curso pasado.

Polo si ou polo non e aproveitando o Samaín tanto en Imo como en Teaio invocamos aos espíritos con esconxuros que o alumunado tivo que realizar para levar ao cole e así botar ao coronavirus ás cunetas!! Tan ben o fixemos que ata un esqueleto visitounos na aula de  Teaio. Que medo!!