Convivencia de Maiores Caldenses
Mañá sábado 11 de marzo terá lugar unha Xornada de Convivencia de Maiores Caldenses. Haberá cocido galego, baile con música en directo e un monólogo a cargo do cómico galego, Isi.
Mañá sábado 11 de marzo terá lugar unha Xornada de Convivencia de Maiores Caldenses. Haberá cocido galego, baile con música en directo e un monólogo a cargo do cómico galego, Isi.
Entre feltro, silicona e purpurina transcorreron os talleres de adornos de Nadal que se impartiron no Fogar do Maior en Caldas.
Nunha gran mostra de estilo e creatividade, conseguiron facer unhas decoracións realmente interesantes e bonitas.
Un centro de mesa, anxos de Nadal con macetas ou unha árbore para colgar feito con ramas naturais foron algunhas das preciosas obras que de alí saíron e, de seguro, contribuíron a crear un ambiente aínda máis do Nadal nos seus fogares.
Bo Nadal!!!
Está a piques de terminar o curso de alfabetización dixital impartido en Caldas de Reis unha vez por semana durante os meses de maio, xuño e xullo.
Nel, os nosos maiores tiveron a oportunidade de achegarse un pouco máis ás TIC e aprender ou perfeccionar o uso de aplicacións básicas de uso diario e estendido, como o correo electrónico, o WhatsApp ou a aplicación do SERGAS.
Durante o tempo que durou este curso, ofreceuse un espazo próximo e distendido no que aprender de forma amena e agradable e brindarlles un pouco máis de autonomía á hora de empregar as mencionadas TIC.
Esperando alcanzar o obxectivo, só queda agradecer a asistencia, ademais do agarimo e o esforzo demostrado ao longo destes tres meses.
Parabéns!
Unha decena de mulleres do Concello de Caldas de Reis, participaron o pasado sábado nas II Xornadas de Empoderamento feminino.
Unha xornada que combinou accións formativas e culturais co obxectivo de favorecer a desconexión e o autocoidado.
Moitas grazas a todas pola vosa participación!
Ao longo dos meses de maio a xullo o Concello de Caldas puxo en marcha actividades pos pandemia para a xente maior, o que se pretendía e conseguiuse, era reactivar e dar a oportunidade aos nosos maiores de volver á súa vida pre pandemia. Neste caso as actividades propostas foron Pintura, Talleres de Memoria e alfabetización dixital, todas elas celebradas con gran éxito.
Benvido verán 2021, que ganas tíñamos de que chegases!
Despois dun duro curso académico, marcado sen dúbida pola covid-19, queremos desfrutar do tempo libre máis que nunca. Aínda que seguimos en pandemia, e as medidas hixiénico-sanitarias seguen sendo moi estritas (en canto a lavado de mans, uso de máscara e distancia de seguridade) queremos pasalo ben e xogar cos nosos amigos e amigas!
Por iso, ao longo dos meses de verán, levaremos a cabo as actividades de Conciliación nos concellos de A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis, Valga, Arbo, Nigrán, Mesía, Muros, O Pino, e Dodro.
A Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, así como a erradicación de calquera forma de discriminación e/ou violencia por razóns de xénero; debe ser un dos temas prioritarios a tratar dende as diferentes administracións e organismos públicos e locais.
A finalidade desta xornada en concreto, céntrouse en proporcionar ao sector feminino de Caldas de Reis unha xornada de formación, que se vertebrou en dous eixes principais. Combinando por un lado, actividades lúdicas de ocio inclusivo, e por outro lado, un espazo dedicado a formación e o empoderamento.